Opinión

Agarrados a un penalti

A temporada está sendo escasamente leda. O Dépor repítese como o allo cando se enfronta á última decisión diante dos gardametas rivais e sofre unha condena infinita polos seus erros. É o mantra que castiga ó equipo de forma constante. A situación do cadro de futbolistas é a que é só por méritos propios. Son os erros os que fan insufrible o seguimento dun ano que camiña cara o fracaso, se o final acaba morrendo na beira.

Un penalti, un tiro libre desde os once metros, tapou no último segundo do encontro ante o Mallorca –o colexiado pitou o final do partidos despois do lanzamento- maquilla un ano de gravísimas carencias que acumularon 4 meses continuos de partidos en Riazor sen unha vitoria. Un equipo chamado ó ascenso, dá igual se o ascenso é directo ou é na lotaría da promoción, non pode soportar, polo menos no aspecto anímico dos seus afeccionados, unha temporada sen ofrecer unha vitoria en cento vinte días. 

Carlos Fernández tivo a frialdade e o aplomo dun futbolista maduro cando se viu só co balón e diante do porteiro a once metros. A portería non se lle fixo pequena. Descargou todas as malas sensacións dunha temporada e liberou ó Dépor das tensións, dos erros, das incertidumes, da falta de gol. O sevillano fixo posible soñar a unha afección que necesita pouco para estimularse.  A ocasión soñada de calquera equipo cando as cousas non lle saen: gañar no último minuto e de penalti –xusto, dito sexa de paso, despois de ver a televisión e unha toma fotográfica de César Quián publicada na Voz de Galicia-.

Un penalti executado con crueza, sin compaixón, rebentándoa e sacudindo todas as sensacións ácedas e os amargores dun mal ano deportivo. Carlos marcou un gol que foi celebrado pola bancada –ocupada por un escaso número de fieis aínda crédulos- como se o equipo xa acadase o ascenso, cando aída lle queda a empinada costa do Ézaro por subir.

A transformación de Carlos Fernández é un enorme estímulo para unha plantilla moi tocada no aspecto anímico e mental, que ve como cada partido que xoga desde que comezou o 2019 é unha tortura.

A transformación de Carlos Fernández é un enorme estímulo para unha plantilla moi tocada no aspecto anímico e mental, que ve como cada partido que xoga desde que comezou o 2019 é unha tortura. Nada sae. Toca ben o balón en ocasións, ata é intenso en moitos partidos, pero é un equipo inútil diante da portería incluso en ocasións inverosímiles, que semellan sinxelas para un futbolista profesional.

O gol de penalti e no último minuto vai ser con seguirdade un reforzo para un cadro de futbolistas que se atopa ansioso sobre o terreo de xogo, que se precipita cando o que precisa é calma e tomar as decisións correctas no último metro do campo. Carlos Fernández ensionou a lección de que a calma, o repouso, ter tempo para a toma de decisións é o tratamento ós males case incurables do equipo.

O Dépor non conseguiu aínda nada. Está obrigado a gañar en Elxe para seguir esixíndose un partido máis. É o que ten deixalo todo para o final. Ás veces, toca a lección que un aprendeu para superar o exame. Desta vez, o Dépor tocoulle o tema para superar unha avaliación moi frouxa, pero aínda ten que ser quen de superar a reválida, que só é posible se hai promoción de ascenso.

Ante o Mallorca, os de Martí fixeron unha primeira parte decente. Intensa no xogo, combinando a pelota, entre erros e imprecisións, e insistindo unha e outra vez sen éxito. As portunidades foron sobradas. Eneko Bóveda tivo tres de ouro, pero as de Quique foron de titanio. Ningún deles sacou nada da mina. Na segunda metade o Mallorca foi quen tivo máis oportunidades para descarrilar ó Dépor do ascenso. A falta de acerto nas áreas condenou ós dous equipos que buscan o mesmo obxectivo. Só o penalti, caído do lado branco e azul, decantou unhas táboas como un piano no taboleiro.

Agora o Dépor ten que ser intelixente e manexar o seu favor a situación. Aínda fóra da promoción, o equipo pode marcarse o soño da épica para espertar duha mala longa noite de pedra na que se converteu esta temporada para o equipo, primeiro de Natxo e agora de Martí.   

Comentarios