Opinión

PENSAMENTO vén pensamento vai

A poesía de combate contra a desesperación nas guerras, como construción da realidade, como dimensión estatística, silencio iluminado fronte a saturación, coa palabra como danza.

E INDA É NOVA A TERRA... é un poema dun só verso de Uxío Novoneyra. Desde a fundación que leva o seu nome iniciamos un ciclo de poemas vía Facebook baixo a súa influencia ata o fin do confinamento. Compartimos nesta folla, que podería ser volandeira, algún deles.

A pandemia é sinónimo de mortes humanas, tamén da circulación do diñeiro en papel e do movemento dos libros no seu soporte físico. Mais estes días presta ler poemas, facer crucigramas e recortar figuras en xornais antigos para pegar nos collages que improvisamos cos pequenos da casa. Ao poema séntalle ben a experiencia da lectura sobre o papel, tamén a transmisión oral nos recitais que comezamos a botar de menos inmersos nunha explosión virtual da cultura online.

A poesía de combate contra a desesperación nas guerras (inda que non, non é verdade que esteamos nunha guerra), tamén está activa durante a emerxencia das revolucións. A poesía como proclama o verso da esperanza de Novoneyra fala da posibilidade, da dispoñibilidade doutro futuro.

A poesía impúlsanos a imaxinalo dunha forma radical.

A poesía é remedio contra a desinformación e a censura. Faimos loitar contra a morte e habitar este e outros tempos clausurados pola enfermidade.

A palabra poética pode sumar á construción da realidade como a dimensión estatística. Estes días pechados sobre curvas ascendentes, mortos e recuperados, números incertos cheos de medo, é cando a palabra dos poetas e dos filósofos nos ampara.

Estes poemas ou fragmentos como os de Safo de Lesbos, fálanos dun silencio iluminado fronte a saturación, onde o pensamento humano permanece na palabra como sucedeu coa danza durante a Peste Negra combatida por danzas secretas, irreverentes e exáticas que anunciaban un novo Renacemento.

A VERDADE

Ó cabo a verdade
anda pouco,
mais sempre chega,
a mentira avanta moito
mais non fai nada,
a verdade non hai que a domine,
a verdade ten moita forza,
non sei de que é,
é moi valente.

Emilio Araúxo

LA MADRE OSA

Se oculta entera
para hablar de comer salmón
Bromea conmigo
"Qué sabrás tú de mis modos"
Y me besa a través de la montaña.

A través y bajo capas,
plieges y barrancos;
La boca llena de arándanos,
Compartimos.

Gary Snyder (tradución de Nacho Fernández)


 

Uma gota de orvalho

A vida Uma gota de orvalho

E contudo...

Issa Kobayashi (tradución de Jorge Sousa Braga)

 

̶ Fica sossegado e deixa as

cousas acontecer á túa volta.

̶ Não guardes em ti nada de que

não precises.

[LH1,120]

María Grabriela Llansol en Os Rostros do Tempo. Almanaque Llansol

Esta postura que se retorce
na violencia coa que as paredes do río

a detectan
coa que entre a auga e a pel
se tende o frío


 

E unha voz:
Elixe a quen amar.
Elixe a quen amar porque non podes amalo todo.

Elixe a quen amar porque non podes retirarte.


 

Teu corpo, o río.
E elixes o máis morto.
Recolles o don co que a folla furada do amieiro

devala en teatro de sombras.


Onde,
o lugar onde te inicias.


Nieves Neira

Comentarios