o outono
também quer andar
Paulo Leminski
A ecopoesía, na súa acepción ampla, recolle un sentir do home coa terra compenetrado, en igualdade. Lonxe da súa estrita denuncia de feridas infrinxidas na natureza polos síntomas do colonialismo e o capitalismo; traemos a esta folla poética varios poemas recollidos polas súas propiedades curativas. A modo de botica de urxencia, coma as herbas que curan as doenzas endémicas, estes versos desexan calmar a distancia que gardamos entre nós, e tamén, fai moito, a existente coas posibilidades comunitarias para a vida rural. Contra a despoboación, contra o desleixo, contra a tristura que sentimos por cumprir coa obrigada distancia social, contra o medo á enfermidade; escollemos a poesía que nos impulsa a protexernos e protexer o país colonizado.
A ave emigra
E eu ó contemplala
Empequenezo
Ueda Gosengoku traducido por Xoán Abeleira (Nierikate, 2016)
LUNA, LUNA
TALLO a lúa axiña
porque turra pra fuxir,
pra escorregarse de volta nas súas raiolas.
En noites brancas de lúa chea
séntome soa no medio do deserto
alonxada de luces barulleiras
ouvindo o douto vento, as curuxas senlleiras
ata que de novo me hipnotiza
e todo o esplendor branco.
Os meus brazos soben cara ela, os meus dedos
estrícanse pra traela, traela
ó meu colo, só por un momento
mentres destono unha lúrida hostia antes de que
se me escorra. Tallo a carne celmosa
e doce en cachiños, gardo a luz
nun saquiño de pano. Doulla pra comeren a mulleres
tristes cos seus corpos. Algunhas noites
eu mesma probo la luna, as miñas pálpebras pechadas
mentres ela me atravesa paseniña
ábreme os ollos.
Pat Mora nos Labirintos de Identidade. Mostra de Poesía Latina nos EUA de Consuelo García Devesa (Espiral Maior, 1998)
É admirábel retratar com data de hoje um ser vivo
Centenário. Por exemplo, uma oliveira. E se ela
Se suster numa arriba irrequieta e inestábel, seu
Nome, Pita, é tente-não-caias ao mar. Un anti-
Erosivo, cujos efeitos na paisagem vão muito
Para além da coincidência. Podes rezar-lhe.
María Gabriela Llansol (Assírio & Alvim, 2003)
Quedarás deslumbrado pola súa luz
baixo a sombra verde do bosque.
(A poesía é o gran milagre do mundo!)
Luis Pimentel (Publicacións da RAG, 1990)
A nube produciu un elefante
o elefante pariu un coello
das orellas do coello sairon montañas
as montañas tornáronse tetas dunha cadela preñada
das tetas da cadela preñada caeu a chuvia
Arlindo Barbeitos en “Intres” (Amastra-N-Gallar, 2004)
CHOVE pra que eu soñe...
Novoneyra (Galaxia, 1955)
Ai agardeite
E suspirei por ti
A aura de outono
Estremecendo arreo
A cortina de meu
Princesa Nukata traducida por Xoán Abeleira (Nierikate, 2016)