Opinión

S.Ó.S

O que está a acontecer en Ucraína amosa ás claras que os grandes conflitos que enfrontan aos povos non xurden de rivalidades entre estados senón entre nacións, de xeito que esta crise política, con conflito bélico incluído, non é cuestión, como dunha maneira tan cega nos pretenden facer crer as corporacións de prensa, de dous estados, o ucraíno e o ruso, senón de dúas nacións, a rusa e a ucraína, cos seus individuos diseminados entre os estados ruso, maiormente, e ucraíno, en menor medida.

O que está a acontecer en Ucraína amosa ás claras que os grandes conflitos que enfrontan aos povos non xurden de rivalidades entre estados senón entre nacións, de xeito que esta crise política, con conflito bélico incluído, non é cuestión, como dunha maneira tan cega nos pretenden facer crer as corporacións de prensa, de dous estados, o ucraíno e o ruso, senón de dúas nacións, a rusa e a ucraína, cos seus individuos diseminados entre os estados ruso, maiormente, e ucraíno, en menor medida.

 "Se eu fose ruso en Ucraína non dubiden que estaría polo menos algo máis reconfortado sabendo que ao outro lado da fronteira está un goberno aínda soberano como é o caso do de Putin".

Vamos, os que falan ruso e os que falan ucraíno. Un binomio tan sinxelo este o de nación-lingua - probabelmente, o primeiro concepto político que aprehende un neno - que só através de miles e miles de páxinas de tratados filosóficos, instrucións educativas regulamentadas e imposicións mediáticas se pode deseñar a realidade de tal maneira que os rusos (“pro-rusos”, din os medios) do estado ucraíno terminen por ser ucraínos e que os seu verdadeiros inimigos non sexan outros que os propios rusos. Ou sexa, eles mesmos.

Nin moito menos vou facer lavado de imaxe dun dos países máis imperialistas que ten coñecido Europa, como é o ruso, mais se eu fose ruso en Ucraína non dubiden que estaría polo menos algo máis reconfortado sabendo que ao outro lado da fronteira está un goberno aínda soberano como é o caso do de Putin.

No Bierzo tamén temos rusos. Un deles vén de escreber unha conmovedora carta publicada no Sermos co expresivo título de “Carta dun alumno que quere estudar ruso”. Non lle deixan.

"No Bierzo tamén temos rusos. Un deles vén de escreber unha conmovedora carta publicada no Sermos co expresivo título de “Carta dun alumno que quere estudar ruso”. Non lle deixan".

Mora nunha vila onde a maior parte da poboación fala ruso, rodeada de outras aldeas do Bierzo onde a lingua máis falada é o ruso; mesmo limita con Rusia. Con todo, as circunstancias históricas, suxeitas a moitas máis reviravoltas que as xeográficas, determinaron que a súa comunidade estexa hoxe baixo o goberno de Castilla e León. E este goberno bipolar, especialmente a súa vertente castellana, non gosta do ruso.

Daniel, así se chama este valoroso ruso - se fai falta coraxe para vivir como un ruso nas cidades rusas, imaxinen o que ten que ser en Castilla e León -, remata o seu artigo cun berro de auxilio: “e o Kremlin, non vai facer algo ou dicir que todo vai ben mentres o ruso queda ferido?”.

Non desacougues, Daniel, o noso goberno soberano e independente mais, por cima de todo, ruso, non esquece aos seus cidadáns, sen importar o lugar onde estexan. Ten paciencia e agarda pola resposta de Putin.

Comentarios