Opinión

Presos comúns e presos parias

Que país... a obra artística de Castelao espallada e abandonada á súa sorte polos catro puntos cardinais, os seus escritos máis importantes censurados polas voces dos gobernos oficiais, e a súa enorme figura diminuída a unha especie de marca ou logotipo para o marketing de premios e restaurantes. Mentres, en España, até cos ósos de Cervantes fan caldo.

Que país... a obra artística de Castelao espallada e abandonada á súa sorte polos catro puntos cardinais, os seus escritos máis importantes censurados polas voces dos gobernos oficiais, e a súa enorme figura diminuída a unha especie de marca ou logotipo para o marketing de premios e restaurantes. Mentres, en España, até cos ósos de Cervantes fan caldo.

"Que país... a obra artística de Castelao espallada e abandonada á súa sorte... Mentres, en España, até cos ósos de Cervantes fan caldo".

Mais non era iso do que quería falar:

Repudio calquera tipo de violencia (hai que comezar así, porque se non xa che están lanzando pedras). Tamén a inacción, e aínda máis cando vai acompañada de desrespeito, burla, inxuria e mesmo crueldade cara aquel que si actúa, ben ou mal (normalmente o escarnio público non é selectivo). Con todo, paréceme máis valente o que actúa movido polos seus ideais que o que non. E a valentía sempre é un mérito.

Do mesmo modo, non me pode parecer ben que o feito de ser nacionalista galego funcione como un agravante. Que calquera acto que vaia amparado por unha ideoloxía determinada, proscrita no sistema, sexa castigado co dobre de pena e coa retirada dos dereitos fundamentais do reo. E non é porque eu o sexa. Paréceme igual de mal que se faga cun nacionalista vasco, cun nacionalista checheno, cun musulmán, cunha muller ou cunha persoa negra.

Arrepíame un sistema no que cometer un delito por motivos de ideoloxía política é considerado moito menos ético que cometer ese mesmo delito por diñeiro. Que cometer delitos procurando enriquecerse a costa de outros sexa a mellor garantía de poder desfrutar do habeas corpus, da asistencia de avogado desde o primeiro momento... e si, tamén, do in dubio pro reo.

Desde Lisboa, vexo con atención como un “cidadão galego” (mesmo así vén no titular da televisión) é arrestado por un delito de terrorismo: isto é, delito común agravado pola carga ideolóxica, non lucrativa, da acción puníbel.

"Desde Lisboa, vexo con atención como un “cidadão galego” (mesmo así vén no titular da televisión) é arrestado por un delito de terrorismo: isto é, delito común agravado pola carga ideolóxica, non lucrativa, da acción puníbel".

É a primeira vez que vexo na televisión portuguesa, repetidas veces, o termo “cidadão galego”. Mesmo cando o presidente de Portugal, Cavaco Silva, visitou Coruña hai algunhas semanas, os titulares eran “Cavaco Silva en España”, ou falaban de Feijóo como o presidente da “rexión española”. Fica pois, en evidencia, a carga ideolóxica do delito que se lle imputa a Héctor J. N.: é imposíbel falar do mesmo sen recoñecer, aínda que sexa implicitamente, a existencia da realidade nacional galega, até ese momento negada, ben por represión ou por omisión.

Porén, se nos medios portugueses se lle dedicou grandes espazos e tempo a este cidadán galego, como foi logo que reaccionaron os xornais, presuntamente, galegos coa detección dun concidadán? Pois como o que son, como os mellores instrumentos que ten hoxe entre mans a españolización; primeiro, reprimindo con maior asañamento que a propia prensa española, reproducindo sen miramentos (e sen vergoña polo que significa o contraste de fontes no xornalismo) as notas de prensa do Ministerio de Interior de Madrid e engadindo algunhas pérolas de produción propia, para despois, omitir, esquecer, deixar que pasen os anos até que o solten. Xa non saberemos máis do tal Héctor J. N.; se está en Madrid, Almería ou Guantánamo. Que apodreza no cárcere.

"Mesmo cando o presidente de Portugal, Cavaco Silva, visitou Coruña hai algunhas semanas, os titulares eran “Cavaco Silva en España”"

É posíbel ver unha reacción así na prensa de outros países cando se detén a un cidadán propio nun país estranxeiro? Dáse tamén este proceso de, en primeiro lugar, asañamento, sen ningún tipo de análise previo, e, despois, total esquecemento?

É isto a voz de Galiza, é isto prensa galega? Son, realmente son, galegos?

Comentarios