Opinión

How to piss off someone from “America”

(resposta a How to piss off someone from Galicia)

Sodes ingleses, falades inglés e os vosos chistes favoritos son os de irlandeses. Inventastes un país a partir dunha colonia inglesa; coa lingua inglesa, coa cultura inglesa, cos escritores ingleses... até a faísca da vosa revolución independentista foi unha revolta en defensa do voso dereito a beber té inglés.

 

(resposta a How to piss off someone from Galicia)

Sodes ingleses, falades inglés e os vosos chistes favoritos son os de irlandeses. Inventastes un país a partir dunha colonia inglesa; coa lingua inglesa, coa cultura inglesa, cos escritores ingleses... até a faísca da vosa revolución independentista foi unha revolta en defensa do voso dereito a beber té inglés.

"Até a faísca da vosa revolución independentista foi unha revolta en defensa do voso dereito a beber té inglés"

Adornastes o voso novo país inglés con inmigrantes de todas as nacionalidades: italianos que xa non falan italiano, polacos que non saben onde está Polonia, rusos que agora son anti-rusos... Sabedes o que é que falan todos eles? Inglés.

O voso “país” ten douscentos anos de historia fronte aos miles de anos que atesoura calquera outro país (ou rexión, se vos sentides máis cómodos con ese termo) de Europa. Credes que América e os Estados Unidos son a mesma cousa (sinto, sei que isto pode ser kind of shocking, mais non o son...).

Non coñecedes o sistema métrico decimal (tan difícil é dividir todo por dez?), os números romanos ou as Cantigas de Amigo (si, por aquí xa escribíamos en lírica no século XIII, perdón, “13”). Non seriades capaces de seguir un conto con retranca nin aínda que vos pasasen as instrucións previamente por escrito. Non sabedes o que é sentir devoción pola comida, a saudade ou a morriña.

"Non seriades capaces de seguir un conto con retranca nin aínda que vos pasasen as instrucións previamente por escrito".

E si, píssanos off que nos veñas tocar o carallo con que non temos unha lingua, senón un dialecto; que nos preguntes polos touros de lidia e non pola nosa marela; que nos digas que chove en toda Galiza cando aquí o tempo cambia cada vinte quilómetros; que nos mentes a Estrella Galicia e que a compares co líquido amarelo da Cruzcampo; que penses que gañaches o dereito a falar con –iños cando non o sentes; que rexeites o noso licor café; que compares o furabolos de ferro de Alberte de Fisterra co xoguete de plástico que xogades vós e os alemáns; que prefiras a area negra e cemento do Mediterráneo ás nosas praias salvaxes porque espantas da auga fría como os michiños; que non teñas nin puta idea de en que continente estamos e, en definitiva, que nos recordes así que, con todo, nós non somos un país coma vós, senón unha simple rexión... E que non temos un Mel Gibson para fucking cambialo.

Comentarios