Opinión

Boicote, educación e solidariedade internacional

Agora que entramos na Semana Internacional contra o Apartheid e acabamos de saber que o tráfico de armamento entre Reino de España e Israel vai en aumento, contrariando acordos internacionais que prohíben a venda de armas a países que violan dereitos humanos e beneficiando das novas tecnoloxías de defensa "probadas en combate", non parece mal momento para explorar a saúde da solidariedade  internacional, nomeadamente as últimas medidas tomadas por  fondos de pensións, grandes bancos e mesmo algún que outro goberno europeo encamiñadas a cortar, ou polo menos obstaculizar, relacións  comerciais con empresas israelís que operan en asentamentos ilegais ou fornecen equipamentos que se utilizan na demolición de vivendas palestinas.

Agora que entramos na Semana Internacional contra o Apartheid e acabamos de saber que o tráfico de armamento entre Reino de España e Israel vai en aumento, contrariando acordos internacionais que prohíben a venda de armas a países que violan dereitos humanos e beneficiando das novas tecnoloxías de defensa "probadas en combate", non parece mal momento para explorar a saúde da solidariedade  internacional, nomeadamente as últimas medidas tomadas por  fondos de pensións, grandes bancos e mesmo algún que outro goberno europeo encamiñadas a cortar, ou polo menos obstaculizar, relacións  comerciais con empresas israelís que operan en asentamentos ilegais ou fornecen equipamentos que se utilizan na demolición de vivendas palestinas.

"O tráfico de armamento entre Reino de España e Israel vai en aumento, contrariando acordos internacionais que prohíben a venda de armas a países que violan dereitos humanos"

Non se trata, por agora, de obstáculos insalvábeis nin de medidas suficientes para exercer unha presión significativa sobre a economía desas empresas, moito menos sobre a do propio estado, que poda levar Israel a modificar as súas políticas xenocidas, mais convén non as pasar por alto por se pudesen ser indicios dunha mudanza de rumbo, instigada pola forza crecente do movemento global BDS, nas estratexias de empresas e gobernos occidentais, como parece sospeitar o propio estado sionista.
Bos exemplos destas medidas son o abandono da Deutsche Bahn do proxecto de construcción da liña de ferrocarril que atravesará Cisxordonia despois de o Ministro de Transportes alemán ter manifestado a súa oposición á implicación dunha empresa alemá nesta obra e a exclusión, por recomendación do seu Consello Ético, das empresas israelís Africa Israel Investments e Danya Cebus do importante Fondo Global de Pensións do Goberno noruegués.

Como tamén o son a decisión do goberno británico de publicar un conxunto de Directrices en que advirte á cidadania contra os negocios con particulares ou entidades de asentamentos israelis na Cisxordania ou a do executivo de Romanía de non enviar operarios da construcción a Israel se non se garante que non traballarán meses mesmos asentamentos.

Entretanto nos Países Baixos, a Royal Haskoning anunciou a súa retirada dun proxecto de tratamento de augas residuais no Xerusalén ocupado por Israel, a Vitens, o seu maior provedor de auga potábel puxo termo á relación coa empresa israelí Mekorot que fornece auga aos asentamentos ilegais e o PGGM, o seu máis importante Fondo de Pensións, retirou todos os investimentos de cinco grandes bancos israelís por teren sedes en Cisxordania e estaren implicados no financiamento da construción de asentamentos ilegais. E nos países nórdicos, os máis avanzados na campaña de boicote e desinvestimentos, o maior banco da Escandinavia, o sueco Nordea Bank, eliminou da súa carteira a construtora Cemex por "violar os dereitos humanos e explotar os recursos naturais non renovábeis en territorio ocupado" e abriu unha investigación para averiguar se outras compañías están no mesmo caso, mentres o dinamarqués Danske Bank puxo na súa lista negra o israelí Hapoalim pola súa implicación na construción de asentamentos.

"Últimas medidas tomadas por  fondos de pensións, grandes bancos e mesmo algún que outro goberno europeo encamiñadas a cortar, ou polo menos obstaculizar, relacións  comerciais con empresas israelís que operan en asentamentos ilegais ou fornecen equipamentos que se utilizan na demolición de vivendas palestinas".

Medidas ainda insuficientes, sen dúbida, mais que mostran un camiño que, como revela o relatorio "Defensa, seguridade e ocupación como negocio" elaborado por ONGs catalás. o goberno español se empeña en percorrer en sentido contrario, desprezando as reclamacións dun sector cada vez mais robusto da sociedade.

E diso sabemos moito na Galiza. En 2013, o Parlamento Galego aprobou a primeira Declaración Institucional en favor dos dereitos do pobo palestino; todos os sindicatos que operan no país adheriron formalmente á campaña global BDS e o mesmo fixeron formacións políticas e xuvenis. Máis importante ainda centos de persoa da cultura, o deporte e o colectivo LGTB asinaron manifestos de solidariedade e compromiso coa iniciativa.

Esta mesma semana BDS-Galiza entregou no rexistro do Parlamento unha solicitude dirixida aos cinco grupos en que se demanda a adopción de medidas para garantir que a Xunta publique unha advertencia dirixida ás empresas galegas sobre os problemas e os riscos que supón o feito de faceren negocios cos asentamentos israelis ilegais e actividades conexas en Territorio Palestino Ocupado, incluindo Xerusalén Leste e promova unha iniciativa parlamentar para reclamar do goberno español medidas similares dirixidas ás empresas con actividade no ámbito do Reino de España.

Recentemente arrancou un novo manifesto, promovido por membros da comunidade educativa galega, que leva recollido xa centos de apoios entre o profesorado, o persoal non docente e o alunado, no momento en que Israel ameaza con fechar 30 escolas palestinas en Xerusalén, ás que ten afogadas a multas por non utilizaren o temario sionista cos seus alunos. Este manifestó é outra acción da resposta pacífica contra o apartheid que representa a campaña BDS, promovida pola sociedade civil palestiniana, e cada vez máis apoiada internacionalmente.

Comentarios