Opinión

Camilo de Dios, in memoriam

Estamos presentes neste acto a súa familia de sangue, a súa familia de militancia, quen lle tiñan afecto, quen lle tiñan respecto, todos amigos e camaradas, pois Camilo, home leal, consecuente, sempre firme nas súas ideas,  soldado da República, tan duro como sensible, non tiña enemigos, só adversarios.

Camilo dicía que eu coñecía a  súa vida máis que el mesmo e pode ser, non sei. Si sei que mercé a amizade de Camilo e co que del aprendín dende o primeiro día en que vin falar con el á Sandiás, van corenta e catro anos andados, decateime de que na miña función de historiador a mellor homenaxe que podemos facer ás vítimas do franquismo e a de quen contra el loitaron, é transmitir o coñecemento verídico do que aconteceu.

Vou ler fragmentos duns poemas dos que sei Camilo gustaba e que o retratan:

Mas há sempre uma candeia/ dentro da própria desgraça/ há sempre alguém que semeia canções no vento que passa. /Mesmo na noite mais triste/ em tempo de servidão/ há sempre alguém que resiste/há sempre alguém que di nâo. (Manuel Alegre).

Por el sol y el azul de nuestro cielo/ por el suelo cubierto de mil flores/ por la tierra que labran nuestros brazos/ Peleamos, peleamos // Por el limpio sudor de nuestra frente/ por la paz, la justicia y el trabajo/ Por la libre república del pueblo/ Peleamos, peleamos (Pedro Garfias).

Érguense victoriosos sobre a historia/ os vosos nomes nobres e valentes./ Que aquí repousan os corpos xacentes/ como un fito que se alza na memoria/. Doutra volta aqúi estamos,/ renacidos, /na mesma loita irmáns, nunca vencidos (García Bodaño)

En lembranza de Camilo de Dios Fernández, amigo e camarada, home bo, que “da vida fixo dura espada”: Saúde, república e unha patria con xustiza.

Bernardo Máiz Vázquez, 20-XII-2019, Sandiás.

Texto lido no acto de despedida de Camilo de Dios, en Sandiás.

Comentarios