Opinións de Oli Xiráldez

Oli Xiráldez

Por mirar á Santa Coca perdín o demo da misa

Chegou xuño, e para as gaiteiras, que nos guiamos polo santoral por cuestión de oficio, chegou o Corpus. Na miña terra natal, Redondela, xa de vello, as festas do Corpus pasaron a chamarse Festas da Coca, levando a sona das celebracións o diaño, o dragón que  desfilaba na cola da procesión…