Aquí e acolá
Hoxe que outra muller é asasinada en Galicia, non podo evitar pensar nas miñas compañeiras paquistanís.
Hoxe que outra muller é asasinada en Galicia, non podo evitar pensar nas miñas compañeiras paquistanís.
Cada día miles de mulleres camiñamos polas rúas das nosas cidades e vilas, entramos e saímos das nosas casas (se as temos), falamos, convivimos. Cada unha de nós é diferente, única, particular. Mais detrás desa aparencia de normalidade máis de 5.200 mulleres cada ano só en Galicia teñen que acudir á xustiza para buscar unha saída á violencia.
Se hoxe Begoña estivese aquí seguro que riría na miña cara porque a pesar da miña afervoada, coma sempre, argumentación, no fondo eu tampouco me vexo capaz de poñerme de pé diante de vós e, como autora, non reclamar a voz común e a estirpe da que proveño. A estirpe de mulleres como Begoña Caamaño.
Hai algún tempo circulaba polas redes un vídeo dunha muller nunha película tipo anos 40 que se achegaba irritada a un tocadiscos do cal non deixaba de saír o último (e insoportable) tema de Enrique Iglesias, levantaba a agulla con aceno brutal e dicía: «Hasta el coño ya!».
Hai momentos nos que as palabras se fan difíciles e eses adoitan ser aqueles nos que son máis necesarias. Os momentos nos que alguén importante cruza a distancia máis longa, o silencio máis amplo e definitivo e as demais quedamos destoutro lado, desnortadas.
Esta é a pregunta que semella estar no aire, impregnada a un tempo das súas propias respostas. «Que fallou?». Todo o mundo sabe de que falamos. Todo o mundo ten a contestación preparada, a ira contra un goberno incompetente a todas luces, antes, durante e despois.
Cando tiña uns 15 anos, non estou moi certa, estaba nunha discoteca falando cun rapaz, coñecido do meu irmán maior, que en certo momento me propuxo ir dar unha volta no seu coche. Imaxino que me caeu ben, pode que me gustase, e o de ir en coche era toda unha novidade, así que accedín, a dicir verdade non recordo demasiado as miñas razóns, pero tampouco teñen que ser moi importantes.
Seguramente quen nalgún momento se interesase polo consumo responsable ou o comercio xusto oiría debater sobre a orixe da roupa que utilizamos. É este un asunto que persoalmente me preocupa profundamente polas rodas de explotación que se artellan ao redor do téxtil e das que se nos fai cómplices ás cidadás do Norte como consumidoras.
A principios deste ano tiven a posibilidade de viaxar a Paquistán para pasar un par de semanas traballando con mulleres de grupos de axuda mutua que unen as súas forzas para sobrepoñerse a complicadas circunstancias de vida. Unha das cousas que de maneira instantánea percibín nada mais chegar foi a ausencia de mulleres dos espazos.
Este venres comezou un camiño de retroceso que non vou perder o tempo en sintetizar porque creo que dende entón foron xa moitas as voces atinadas, dende a OMS a Beatriz Gimeno pasando por Suso de Toro e María Xosé Queizán, que puxeron unha pinga de sentido ao obstinado esforzo do Partido Popular de devolver o estado español á súa -para eles- época máis gloriosa: a das catacumbas. Esa ou a de Isabel a Católica, como amosa o revival patrioteiro televisivo que moi acorde con ese proxecto nos invade en diversas modalidades.