E por favor…deixen de pensar ( e facer) como a de expertos infalibles e comecen a exercer como expertos negociadores ( velaí o camiño que leva a novas actitudes e aprendizaxes, realizacións e saberes).E para estes problemas, tomen nota quen lles corresponda, para estas situacións e momentos, son necesarios aportes reflexivos de medios, contextos e condicións apropiadas ( non o midan en custes simplemente). Por iso a elaboración interdisciplinar de métodos propios e axustados na maior medida á dificultade, situación,que se presenta. Métodos interprofesores/as, país e nais, de comunidade, que non disgreguen e si que integren, pois convén repetilo que un centro educativo é autónomo concretado nunha Comunidade e así hai que funcionar xa que o noso en especial vai ( cos aportes de todas e todos) en axudar a incorporar, pola educación, ao alumnado, persoas, ao mundo da nosa cultura, valores e cidadanía, sen por iso dicir non a calquera e si afirmarnos no respecto pleno desde a igualdade, tendo consciencia de que isto, neste caso, realízase en Galicia e iso conleva realidades e feitos diferentes.