Opinións de Manuel Barreiro

Manuel Barreiro

O seu tamén é ideoloxía

A primeira semana deste mes en Compostela semellou un mesturado do Magaluf dos plusmarquistas de salto, a serie esa mala de zombis e aqueloutra arxentina, El reino , dun pastor evanxélico que se mete a político –valga a redundancia–. Hordas nas rúas, berros prediurnos, cabalos cagando na porta…