NÓS DIARIO AGRADECE O APOIO AO XORNALISMO GALEGO
Entrevistas e reportaxes de análise, contidos do semanario Sermos Galiza, acceso ao xornal con lectura anticipada, consulta dixital de toda a hemeroteca.
Baixo a sombra, a historia de España conserva un perfil represor, autoritario e dado ao emprego da forza.
Galicia, capital Madrid? Non Grazas
Cando fagamos contas deste último sexenio das nosas vidas, sen dúbida lembraremos que o mesmo tivo moitas cousas desgrazadas, terribles, á marxe da autonomía vital que cada un de nós conseguiu manter.
Debo confesar que só en moi poucas ocasións gozo das noites electorais con auténtica satisfacción. Niso lembro ao pensador italiano N. Bobbio que ao final da súa case centenaria vida declaraba que só puidera celebrar catro resultados das votacións que lle produciran pracer.
Quizáis son un dos escasos galegos que tiven a honra de escoitar e ver a N. Mandela -Madida- en directo. Foi no 2002, en Durban na inauguración do Congreso Internacional da Unión Xeográfica Internacional
Hai dúas razóns primordiais que me animan a facer este pequeno artigo de opinión respecto á disciplina académica que cultivo, ocupa a miña vida laboral hai case trinta anos e que para min constitúe un xeito íntimo de entender a vida. A primeira, que na semana final de abril, o 22 ou 23, celebrouse o Día da Terra, unha iniciativa global que nós levamos adaptando aquí en Compostela como Día da Xeografía. A segunda, que o noso novo portavoz nacional do BNG, o colega e amigo Xavier Vence, afirmaba nunha entrevista concedida a este medio que o autor que máis influencia exercía sobre el nestes momentos era D. Harvey, “xeógrafo e economista”, segundo as súas declaracións.