mércores 28/10/20
A opinión de
Marta Dacosta
Marta Dacosta Escritora. Entre os seus últimos libros: "Acuática alma" e "As amantes de Hamlet".

Lingua coa que queremos construírnos

Nos inicios do meu camiño cara á lingua, están os anos de instituto. É certo que eu xa traía esa fame, por iso, cando en 1980 comecei recibir as primeiras aulas de galego, acabei de saber que me faltaba. E así a lembranza daquel profesorado do IES Santo Tomé do Freixeiro, en Vigo, ten un lugar importante na memoria da lingua, como aquel primeiro manual de galego, como o Rosalinda de Fausto a soar nunha clase ateigada. 

Desde este lugar do mundo.

A literatura galega estivo convidada este ano no Festival Isla de Literatura que organiza o Instituto Cervantes de Dublín desde 2012. 

Non en 2015

Este 5 de xullo reuniuse a Academia Galega. Como cada verán era o seu cometido elixir a persoa que sería homenaxeada no ano seguinte con motivo das Letras Galegas, esa efeméride que, segundo recolle a propia Academia: “viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.” (declaración do 20 de marzo de 1963).

Xela Arias a dez marzos de distancia

Lembro saber de Xela moito antes de coñecela. Mentres escribo, vólveme a imaxe dela de mañá cedo na cafetaría que estaba ao pé da miña casa. Mirábaa e vía unha muller feita a si mesma, independente, decidida.

Antonio Fernández

Coñezo o nome do pintor desde hai moito tempo, porque así se chama o colexio de Goián, a vila en que naceu e morreu. Mais non foi até estes días, con motivo da exposición Antonio Fernández, pintor de tres mundos organizada polo Concello de Tomiño, que vin por primeira vez algún dos seus cadros e entón fiquei profundamente abraiada. Abraiada porque coñecín un pintor dunha altísima calidade, mais que pasou completamente desapercibido para a meirande parte de nós, que nin leramos nada sobre este pintor até hoxe, nin viramos ningunha exposición sobre a súa obra. Un perfecto descoñecido, mais non por ser alguén alleo a nós ou distante.

Construírmos a soberanía

"A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente. Xamais a traizoaría,  aínda que me concedesen séculos para vivir. Adóroa máis alá da miña morte. Se o tribunal entende que 

Amiga Marica Campo:

Souben dos teus versos antes de saber que existía a escritora, case como todos. De certo cantaba os teus poemas insistentemente sen saber que eran teus, sen saber sequera que eran versos. E se onte estarrecía escoitando ese inmenso poema que é Muller, aínda hoxe non podo deixar de sentir a soidade desa muller anónima que encarna o sufrimento de todas as que padeceron fame, soidade, sometemento, esquezo.  Todas. Elas. Que son o pobo.

Pola retirada da LOMCE, folga!

Este xoves 9 de maio a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por máis de 11 entidades representantivas de toda a comunidade educativa, nais e pais, alumnado e profesorado, convoca folga no Ensino público contra a LOMCE.

Diversidade lingüística e linguas ameazadas en Europa.

  O pasado 20 de marzo, véspera do Día Internacional da Poesía, participei nun Grupo de Traballo sobre linguas ameazadas e diversidade lingüística na sede do Parlamento europeo, como representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG.

O exterminio das ideas

"Falo dun posíbel exterminio dasideas, da palabra dignidade,dese xeito en que van quebrándose as bandeiras."

Os banqueiros están ricos á súa conta

Poderiamos ser nós.Calquera de nós @ que este Nadal estivese [email protected] no concello de Gondomar, do Rosal, de Moaña, Cangas ou de Boiro. Ser calquera de nós @ que estivese ás portas do Concello de Compostela reclamando estar presente no Pleno, ser recibido polo Alcalde. Calquera de nós @ que decidise participar nunha folga de fame rotatoria en Ferrol.Porque non son potentados.

Ilóxico, baleiro, incoherente, ilegal.

Estes son algúns dos cualificativos que podemos atopar para o Decreto 79/2010 nas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que este xoves se facían públicas. Trátase das sentenzas a tres recursos presentados pola Plataforma Queremos Galego, a CIG-Ensino e a A Mesa pola Normalización Lingüística.

Contra quen nega

A xeración dos nosos pais quéixase da transición. Adoito lembran que non houbo a ruptura necesaria e que iso condicionou os anos que viñeron despois, este presente que vivimos e que tanto nos afoga.

Votar coa lingua e a cultura

Se vos preguntase a cada un de vós cal foi o voso mapa de Fontán particular, aquel que lle descubriu ao Adrián Solovio de Otero Pedrayo cal era a súa verdadeira identidade, moitas de vós diriades os versos de Rosalía: “pobre Galiza, non debes chamarte nunca española”.

Feiras en lata

Proliferan hoxe no noso país as feiras medievais. Tanto que mesmo chegan celebrarse en concellos que naquela altura non existían como tales, nin é a Idade Media a súa época máis representativa. Sucede porque existen hoxe empresas que fixeron das “festas medievais” un negocio, negocio que tal vez sería mellor chamar “feiras de artesanía internacional ao modo medieval”.

Feminista e nai

Son da opinión de que unha nai debe sentirse feliz e ese será o elemento fulcral para que consiga os mellores resultados na difícil tarefa da educación da crianza. E non falo de educación só no sentido formal de adquisición de hábitos sociais ou non, falo tamén de educación sentimental, dos afectos, da confianza, da complicidade, do amor.

O deserto de Laura, o noso deserto

Hai moito tempo unha colega recomendoume que lese As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello. Por circunstancias, non foi ese o primeiro libro que lin do autor, aínda que cheguei a el e entendín e valorei a recomendación que me fixeran. Logo viñeron Os ollos de K, obra pola que tamén votei no seu día, con motivo da elección da mellor obra narrativa do ano para a AELG.

Un berro retido

Leo o libro Infancia de vacas mortas, de Xosé Daniel Costas e comprobo que teño, polo menos, dúas cousas en común. Como Daniel “estou enferma do pan sen //cocer”. Como Daniel tiven a idea de realizar un álbum de poemas que ilustrara un conxunto de imaxes.

O dereito do pobo galego

  Sempre conto que, cando era pequena, pensaba que as ameixas e as "ciruelas" eran cousas distintas. Na miña casa había ameixas, desas pequeniñas e verdes que se as comes antes de tempo arrabean. Chamábanlles ameixas inglesas, non sei por que. Mais cando ía á tenda había a vender unhas "ciruelas" amarelas e grandes.