sábado 29/01/22
A opinión de

Arroxo Fernández, Rubén

Voceiro municipal do BNG-AA no concello de Lugo. Arquitecto técnico e adestrador de atletismo.

Gasolineira no Miño. Novo capítulo das barbaridades do tándem patronal-goberno

Corría o mes de agosto cando recibimos a nova de que Carrefour obtiña licencia municipal para a construción dunha gasolineira nas súas instalacións, a escasos 25 metros do río Miño, curiosamente localizándose na mesma zona onde se continúa a poñer trabas para a execución dunha, perfectamente adaptada ao medio, praia fluvial pública.