Quen me dera ter comigo aquela carteira, a miña primeira carteira escolar. Era de coiro de cor natural, con fibelas metálicas, pequena. Herdeina da miña irmá. Fixéraa meu pai, como unha outra, máis escura, que usei máis tarde. Que sería delas? Supoño que irían ás mans dunha curmá ou dun curmán…
calendar_today 10/maio/22