luns 25/10/21
A opinión de
Alberte Blanco Casal

Alberte Blanco Casal

Profesor e escritor.

Charlie Hebdo

O brutal atentado sufrido polos membros de redacción da famosa revista satírica francesa, acompañado por un estraño secuestro nun supermercado xudío, está xerando unha importante onda de solidariedade cidadá coas vítimas ao tempo que unha vaga de islamofobia se abre paso en moitos países europeos. 

Aqueles heroes dos tempos escuros

Non tiven o honor de coñecer a Xosé Reboiras Noia, el xa rematara na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial de Vigo cando eu ingresaba nela en 1973. Sen embargo, a súa pegada aínda permanecía naquel antigo edificio da rúa Torrecedeira.

Snobs

Non hai dúbida de que vivimos nunha época chea de dificultades, con graves ataques á dignidade máis elemental do ser humano. Sabemos que esta crítica situación non se debe a unha maldición bíblica, á mala sorte ou a un meigallo do veciño.

Un momento histórico

Nos últimos tempos os acontecementos evolucionan cunha rapidez de vertixe e o principal problema reside en que os pobos non sexan quen de aproveitar as oportunidades que se presentan para lograr un verdadeiro cambio da estrutura económico-territorial do Estado Español.

Euroamérica

A crise ucraína volveu poñer sobre a mesa o papel subsidiario da Unión Europea nos asuntos internacionais, incluso —coma sucede neste caso— nun conflito que se desenvolve a carón das súas fronteiras.

Agroma un mundo novo

Dende a xa distante segunda metade do s.XX  —coas figuras emblemáticas de Fidel, o Che, Allende, ou o significado da derrota norteamericana no Viet-Nam e as loitas de liberación nacional africanas— non se tiñan producido avances significativos das forzas progresistas no mundo. Máis ben ao contrario. A desaparición da Unión Soviética, adecuado contrapeso para o equilibrio mundial ata finais dos oitenta, fixo que o Capital Financeiro cantase vitoria.

O incerto futuro da acrópole galega

Algúns dos edificios que forman a acrópole de Monterrei, situada no Val de Verín sobre os restos do Castro de Baroncelli, remóntanse ao s.XI sendo o seu castelo reedificado por Afonso Henriques —primeiro rei de Portugal— no s.XII. Neste castelo asentáronse diferentes estirpes señoriais coma os Ulloa, Zúñiga, Fonseca e Alba. 

Xaque a Rusia?

No actual xogo de xadrez mundial Washington, e os seus peóns europeos, están ensaiando novas modalidades de derrubamento de gobernos rebeldes en países considerados estratéxicos para garantir a hexemonía do Capitalismo Financeiro Internacional. É o denominado “golpe suave” da Einstein Intitution estreado coas revolucións de cores, promovidas e financiadas por George Soros na pasada década. 

O sexo dos anxos

Na configuración que hoxe está tomando o mundo é difícil encontrar feitos ou decisións dunha certa relevancia —como os que acontecen no ámbito  da economía ou  das relacións internacionais— exentos dunha determinada conexión cos diferentes centros de poder mundiais ou rexionais, ben sexa por acción ou por reacción.

O espellismo cosmopolita

Abondan nos últimos tempos, dende a esquerda estatal, algunhas análises que inciden na importancia de tecer amplas alianzas internacionais para derrotar á Troika e ao Capital observando en todas elas a omisión do feito nacional, por ser considerado pouco menos que irrelevante ao efecto, xa que “un traballador de Cambados non está tan afastado dun traballador de Essen” segundo algúns. 

Leccións e consecuencias da crise Siria

Dicía nun artigo anterior que as contradicións e vaivéns en política internacional no seo da Administración Obama ían ser habituais como consecuencia da irrupción na esfera mundial de novas potencias económicas e militares como China e a Federación Rusa. Os últimos movementos de Estados Unidos e os seus aliados no conflito sirio con ocasión dun suposto e ‘oportuno’ ataque químico do exército dese país (unha montaxe posta en evidencia polos servizos de intelixencia rusos e diversos medios independentes) confirman esta tese. 

O complexo de Sísifo

Con ocasión dos últimos incendios forestais ocorridos en Galiza algúns expertos insisten en que o problema dos lumes no noso país é unha cuestión estrutural e que se non se cambia a ordenación do territorio e non se inverte a tendencia de abandono do medio rural non haberá solución a este fenómeno. Algúns incluso afirman que a política forestal en Galiza non variou nada nos últimos vinte anos e que ningunha Administración fixo nada polo uso racional do monte. Nada que obxectar ao acertado da primeira parte do aserto xeral desta tese, pero sería totalmente inxusto acreditar en que a política forestal ou agraria da Xunta de Galiza foi invariable independentemente do signo do goberno de quenda. Só no descoñecemento, na irresponsabilidade ou na mala fe se podería sustentar tal afirmación.