venres 07/08/20
A opinión de
Duarte Correa
Duarte Correa Profesor e sindicalista.

Pois si

Pois si, Catalunya conta desde onte domingo con novo presidente da Generalitat.

Venezuela vira o rumbo

Tal e como adiantaban todas as enquisas realizadas nas semanas previas a opositora Mesa de Unidade Democrática-MUD obtivo unha contundente vitoria nas eleccións lexislativas

En Galicia se come muy bien y barato

“En Galicia se come muy bien y barato pero las playas son muy frías”, esa é a referencia que ten moita xente de fóra sobre nós

A incógnita grega

O 25 de xaneiro Grecia celebra eleccións parlamentares anticipadas e as enquisas din que as gañará Syriza quedando en segundo lugar e a pouca distancia o actual partido gobernante de dereita Nova Democracia mentres que o socialdemócrata Pasok ten perigo de desaparecer ou quedar reducido á anécdota despois de formar goberno desde xuño de 2012 con Nova Democracia.

Cuba resistiu e venceu

Eisenhower, Kennedy, Johnson, Nixon, Ford, Carter, Reagan, Bush, Clinton, Bush e Obama foron as caras do imperialismo norteamericano fronte a Cuba, as cabezas dun imperio empeñado en impedir que unha pequena illa do Caribe exercera a súa soberanía e emprendera libremente o seu propio camiño para construír unha sociedade alternativa despois de derrotar á ditadura de Fulgencio Batista.

O equipo do ensino público galego

Suso, Mercedes, Sabela, Divina, Cibrán Anxo, Xoán, Manuel, Manuel, Sonia, Olga, Anxos, Carme, Magoia, Marina, Antón, Xosé, Esperanza, Luis, Rebeca, Lucía, Arturo, Alonso, Carlos, Santi, Sara, Antón, Marta e Anxo que aparecen neste vídeo son protagonistas dun futuro que se constrúe día a día. 

Brasil e Uruguai manteñen o rumbo

Eramos [email protected] quen estabamos pendentes dos resultados das eleccións de onte no Uruguai, presidenciais e lexislativas, e no Brasil, segunda volta das presidenciais, pois ademais das lóxicas repercusións que os resultados terán no futuro da poboación de ambos estados unha vitoria dos candidatos da dereita sería interpretada como o inicio do fin do ciclo de gobernos progresistas en América Latina e con toda seguridade daría pé unha nova vaga de actuacións para provocar inestabilidade política e social en outros estados que contan con gobernos progresistas.

En Bolivia seguirán construíndo o bo vivir

Os resultados das eleccións celebradas onte no Estado Plurinacional de Bolivia seguramente non serán do agrado nin do governo español que conmemoraba nese mesmo día dúas falsidades históricas como  o suposto descubrimento de América e a festa da suposta nación española. 

Brasil cun resultado axustado decidirá en segunda volta

Na segunda volta do día 26 decidirase definitivamente quen ocupará a presidencia da República Federativa do Brasil, e ese día os perto de 143 millóns de brasileiros e brasileiras que integran o censo electoral elixirán entre se Dilma Rousseff ou Aécio Neves.

Escocia votou e avanzou

Onte perto de 4,3 millóns de escoceses e escocesas con máis de 16 anos tiñan  a oportunidade de exercer mediante o voto o dereito democrático a decidir sobre o futuro da súa nación, un dereito democrático que no estado español non se permite.

Escocia somos tamén nós

Hai dez anos ninguén acreditaría en que Escocia podería encabezar o grupo de nacións que percorren o camiño cara un futuro independente e hoxe témola aí.

Exterminio

Estivemos estes días en Polonia e entre as visitas obrigadas como é lóxico non podían fallar o que se conserva do gueto xudeu de Cracovia, a reconstrución e recreación de elementos do de Varsovia (do orixinal non se conserva nada ao ter sido a cidade  totalmente arrasada na II Guerra Mundial) e os campos do complexo de exterminio de Oswiecim (nome real polaco da zona na que foron construídos polo nazis que lles deron o nome alemán e hoxe mundialmente coñecido de Auschwitz). A experiencia de visitar lugares que foron escenario de feitos históricos de trascendencia sempre me leva a reflexionar e a trasladar algúns  dos elementos deles á actualidade, consciente de que a historia non se repite pero sabedor tamén de que en determinadas ocasións a frase de Marx “a historia repítese primeiro como traxedia e despois como farsa”  é moi certa.

Os BRICS móvense

O pasado día 15 o Parlamento Europeo reunido en Bruxelas elexía por ampla maioría a  Jean-Claude Junker como presidente da Comisión Europea, unha decisión que deixa ver cal é a verdadeira faciana dunha Unión Europea que nunha época de profunda crise económica e social premia coa responsabilidade política máis importante da súa estrutura a un declarado defensor dos paraísos fiscais que non en van foi ministro de finanzas e  primeiro ministro dun deles, o Gran Ducado de Luxemburgo.

A matanza é a linguaxe política de Israel

O estado sionista de Israel está a levar adiante nestes días unha nova matanza na franxa de Gaza por medio dunha operación militar que en palabras do ministro de defensa Moshe Yaalon “non rematará en cuestión de días”, operación que se nos presenta como defensiva e en suposta resposta aos foguetes lanzados por milicianos de Hamás contra cidades israelís e que ten provocado só en tres días ducias de mortes de civís palestinos. 

O novo está por escribir

Ao poucos minutos de coñecerse a noticia da abdicación do monarca español lía nunha rede social este comentario “Hoxe, 2 de Xuño de 2014, remata a transición española. O novo está todo por escribir...” e considero que este comentario escrito por Carme Fiaño e o mellor xeito de resumir este momento  histórico.

E o 25 que?

Achégase o día das eleccións e resta pouco tempo para decidir; votar?, non votar?, para que votar?, como votar?, a quen votar?. 

“Más de lo mismo”

Non teño problema en recoñecer que concordo con parte das declaracións feitas esta tarde polo ministro do interior do goberno español; unhas declaracións que sen dúbida son froito dunha intensa sesión de reflexión relixiosa  propia da Santa Cruzada da que é cabaleiro, reflexión na que como é menester foi asesorado por Santa Teresita de Ávila e o Beato Jose María.

François Hollande e as cornamentas

Moitos pregúntanse nestes días como pode ser que o presidente francés François Hollande teña tempo para poñerlle os cornos á súa actual parella  a xornalista Valérie Trierweiter  coa actriz Julie Gayet, e xunto con esa referencia á falla de tempo que se lle presupón ao máximo mandatario dunha potencia mundial que debe andar enfrascado en centos de cuestións urxentes e importantes propias da súa xestión, tamén  hai quen a esa pregunta engade outra nun ton de non disimulada envexa ao interrogarse sobre cales serán as cualidades amatorias que pode ter un home que non é especialmente agraciado en base aos cánones de beleza actualmente en vigor, pois non podemos dicir que esteamos diante dun Alain Delon do século XXI. 

 

Novos pasos cara o remate do conflito

Desde a declaración por parte de ETA do fin da loita armada Euskal Herria vive un novo tempo, un tempo de esperanza e de búsqueda de novos camiños para a paz e para a independencia, pero non [email protected] os actores presentes dan pasos, por contra hai quen mantén os atrancos ou amenaza con poñer outros maiores.

Os acontecementos de Ucraína

A manipulación disfrazada de información semella non ter límites e neste momento tócalle turno a Ucraína, por iso comprobamos nestes días como diversos medios de comunicación á hora de falar das protestas que se están a producir en Ucraína din que na súa capital, Kiev, non hai manifestantes senón euromanifestantes, designando dese xeito aos milleiros de persoas que participan nas protestas contra a decisión do presidente Viktor Yanukovich de non asinar un acordo de asociación comercial entre Ucraína e a Unión Europea.

Sobran motivos para sair á rúa o día 24

O día 24 está convocada unha Folga Xeral no Ensino Galego contra a LOMCE e os recortes, unha mobilización de profesorado, alumnado, pais e nais que non se convoca en defensa de intereses particulares senón en defensa do dereito que temos todos os galegos e galegas a contar cun servizo público básico como é o da educación,  unha educación en galego que responda ás necesidades da nosa sociedade e que parta da realidade de Galiza.

Portugal castiga a Passos Coelho

Este domingo Portugal elexiu o seu poder local para o período 2013/2017, un poder local que mantén a característica de ser moi participativo

Contra a "maioría silenciosa"

O goberno español, por medio da súa vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría  e do ministro de interior Jorge Fernández Díaz, diante da impresionante mobilización popular celebrada o 11 de setembro en esixencia do dereito á independencia de Catalunya recuperou o concepto da maioría silnciosa, para con el descalificar a quen participaron na cadea humana convocada pola Assemblea Nacional Catalana.

En Siria Obama e Al Qaeda van da man

Tardaron dez anos pero semella que desta vez vai ser e que nuns días as potencias occidentais encabezadas por uns Estados Unidos que preside o premio Nobel da paz Barack Obama desencadearán unha nova guerra imperialista.