venres 24/09/21
A opinión de
Francisco Castro

Francisco Castro

Escritor.www.franciscocastro.blogaliza.org

44.000 fracasos

Esta semana pasada coñecimos un informe que asegura que son xa uns 44.000 mozos e mozas as que non puideron matricularse na universidade por mor do "tasazo" de Wert. 

O libro en galego (deixemos de autoenganarnos)

Xa me coñecedes. E sabedes que en absoluto son un profeta da tristura nin un profesional da queixa. Mais ben todo o contrario e, aínda que moitas veces teña motivos máis que dabondo para o pesimismo, a actitude que adoito asumir é a dun convencido optimismo. A derrota nunca é unha opción.

Que pasaría se?

Que pasaria se os membros do Congreso dos Deputados se sometesen a unha proba de Cultura Xeral? Que igual pasaba a ser o Congreso dos Derrotados.

Un 25 de xullo para reivindicar obviedades

Onte foi 25 de xullo e pasou o Día da Matria ou da Patria ou, para algúns que non queren andarse con leas de paternidade-maternidade, o Día de Galicia. Coma sempre e como cada ano, os xornais escritos sacaron a primeira páxina en galego, suliñando máis aínda, así, a súa falla de compromiso porque, ademais de que o interior estaba coma sempre, é dicir, en castellano, non hai nada mellor para desactivar algo que ritualizalo, sacalo en procesión, exhibilo coma un santo ou unha reliquia... pero só unha vez ao ano. 

Aqueles partidos na rúa

Leo que no Proxecto de "Ley Orgánica de la Seguridad Ciudadana" que Gallardón e o seu equipo remitiu ás Cortes, facer deporte na rúa sigue sendo considerada "falta leve" pois vai contra a seguridade da xente. Ou sexa, que o partido de fútbol de toda a vida, improvisado en calquera patio ou campo ou rúa con poucos coches ou onde sexa, seguirá penado pola lei.

O galego e a economía

Botei un día enteiro participando nunhas xornadas profesionais centradas nos novos entornos de traballo nestes tempos complicados que estamos a vivir. Foi todo moi interesante e,  coma sempre, aprendín cousas. Porque sempre se aprende escoitando falar a outros e a outras aínda que non sempre se compartan as súas ideas. 

39 anos sen mellorar nadiña

O xoves aquel, as redes estaban inundadas de imaxes da coroación (en pleno século XXI e nun estado que se di democrático!) de Filipe VI.

Falando de edición en Donosti

Tiven a fortuna de participar hai uns días  no Galeúsca de Editores en Donosti acompañado de Luz Picos (da AGE), Antón Lado (2.0. Editora) e Quique Alvarellos (de Alvarellos Editora). Coma sempre, aprendín un mundo de cousas. Coma sempre, saín nutrido de ideas, coa memoria chea de boas lembranzas e co corazón aínda máis disposto a seguir enchéndose de entusiasmo arredor deste traballo da cultura en lingua galega, fermoso e necesario. 

Agora que o Dépor ascendeu

Agora que o Dépor ascendeu cun adestrador que fala galego (aínda que algúns xornais -de Galicia- insistan  sistematicamente en traducir as súas declaracións ao castelán) e agora que queda claro que a lingua non é un impedimento para triunfar e agora que queda claro que falando galego pode ilusionarse unha cidade, un país, milleiros de corazóns, etc. igual estaba ben que o Deportivo de LA Coruña (así figura no seu escudo e páxina web oficial) se decidise dunha vez a mudar o castrapo do nome que teñen polo que debe ser, A Coruña.

Finlandia. De novo

Hai uns días tiven ocasión de xantar cunha editora finesa. Falamos, como adoita acontecer cando se xuntan dous do mesmo gremio, de asuntos relacionados co libro, a edición e a literatura. A conversa, da que participou tamén un xornalista francés, derivou cara o asunto da educación en cada un dos nosos países. 

Non somos menos

Botei cinco días en Kiel (Alemaña) participando coa tamén escritora María López Sández na décima edición do Eurpäisches Festival des Debütromans. Tivemos ocasión de falar das nosas obras, da edición galega e, sobre todo, de escoitar a escritores e escritoras de toda Europa.

Os sacerdotes non deben educar

Que a relixión sexa unha asignatura é, para empezar,  unha burrada pedagóxica. Non se sostén dende ningún punto de vista educativo. Só sirve para adoutrinar, para meter dogmas, para sementar prexuízos e para fomentar a intolerancia. 

Touros en Galicia

Cando nos institutos e colexios conto que nos orzamentos xerais do estado de 2012 a asignación para bibliotecas foi de cero céntimos de euro pero que para promover a tauromaquia foi de varios millóns, sempre abren a boca apampados, coidando, os meus pobriños, que algo así non pode ser e que todo é froito da imaxinación malvada e roxa do escritor.

O galego e o curriculum

Pasamos boa parte da Semana Santa lembrándonos dese hotel ou hostal ou casa rural ou non sei que asturiano, que lle rexeitou a candidatura para un posto de traballo a unha rapaza á que de paso aconsellou que borrase do seu curriculum o dato referido ao seu alto nivel de galego.

A xente non importa

En Siria, o último que preocupa é a xente. Están a piques de matarse ben matados -de feito, xa empezaron- e as consecuencias do cataclismo poden ser inimaxinables. Ou máis ben: si que as imaxino. Memoria sobrada temos do que sempre pasa nas guerras (pagan os humildes, morren os pobres, quedan mutilados os febles). 

Pasou o 14 de abril e nada pasou

Pasou o 14 de abril, o Día da República, e non se lle prestou nin a décima parte da atención mediática que ao 75 aniversario da fin da Guerra Civil (esa que di Rouco Varela que pode volver), a pesar de que a fin desa guerra supuxo tamén a morte oficial dun réxime político legalmente establecido e, aínda a día de hoxe, non restaurado

Unha universidade ao nove por cento

O Rector da Universidade de Vigo renovou o seu mandato nunhas eleccións nas que non tivo rival (daquela non houbo posibilidades de comparar) e, isto é do que quero falar,na que só exerceu o seu dereito ao voto o nove por cento dos que podían participar. Dato preocupante e que deixa claro o divorcio existente entre a xente nova, en fin, entre a xente en xeral, e a política (e a vida cultural, académica, social, comunitaria... e seguide vós poñendo aquí todo o que se vos ocorra que seguro que acertades).

Emocións

É curiosa a insistencia que dende sempre se pon na necesidade de que na escola se nos aprendan, e perdón pola redundancia, materias relacionadas coa "aprendizaxe" (que en realidade non sempre se produce por mor dun sistema de avaliación centrado na memoria, ou sexa, nalgo fugaz, polo que aprendemos rápido e esquecemos máis rápido ainda; moi pouco é o que queda dentro).

Cando eu sexa pirata

Hai anos, obrigado polo compromiso dunha conferencia que tiña que dar sobre a miña obra, tiven que dedicarlle un tempo a pensar sobre o que escribira en tantos anos e en tantos libros e decateime, sorprendido, de que moitas das miñas novelas estaban protagonizadas por xentes soñadoras á marxe da lei, persoas habitadas pola idea de mudar o mundo para mellor, personaxes infectadas de utopía e de ganas de consagrar a vida a perseguir soños dificilmente realizables. En definitiva, románticos e románticas convencidos de que é preferible vivir por fóra do establecido que entregar a vida ao tedio, o costume e á conformidade. 

As nosas posibilidades?

Entre os moitos insultos que a meirande parte da poboación estamos a soportar dende que empezou este expolio roubo abuso colectivo globalizado planetario cósmico, baixo da desculpa da crise, está iso que nos repiten unha vez e dúas e tres, de que antes viviamos por enriba das nosas posibilidades, que antes o noso consumo era excesivo, que antes, claro, diso se trata, fundamentalmente é o que interesa aquí que nos metamos ben na cachola, que antes cobrabamos por enriba do que era lóxico cobrar. Esas cousas e outras igual de absurdas son as que aturamos día si e día tamén dende as páxinas dos xornais, as televisións e as radios.

Os mesmos soldados de sempre

A foto estaba hoxe (e dá igual cando escribín este artigo porque sempre son os mesmos soldados, sempre son as mesmas vísceras e nutrir de estrume os campos ermos da senrazón, sempre son os mesmos uniformes xenerais os que berran esnaquizan condean matan) en todas as pantallas, en todos os xornais, perseguíndome nas redes sociais, e dicían, como un só home, como un só corazón, que estaban dispostos a morrer pola patria.

De novo no campo de concentración

Hai uns días morreu a que estaba considerada a derradeira supervivente dun campo de concentración. Chamábase Alice Herz-Sommer e tiña 110 anos no intre en que a morte veu buscala en Londres. 

De verdade que toda a culpa é dos políticos?

Hai un discurso que me desagrada profundamente e que ten que ver con esa actitude xeralizada de explicar todo o (malo) que pasa como culpa dos políticos. Como se eles non fosen parte da sociedade.

A inmortalidade

O problema, ou un deles, de sermos un animal consciente é que sabemos que imos morrer e, polo tanto, a medida que imos cumprindo anos, a evidencia do final faise, precisamente por iso, máis e máis e máis evidente. Aínda que a min, a verdade, tampouco é un asunto que me quite o sono. Porque eu, como di Calamaro no seu último disco, confórmome con que me colla sorrindo. Con iso é dabondo.

Berrogüetto

O pasado martes unha amiga xornalista chamábame dende a redacción do medio no que traballa para lerme o comunicado de Berrogüetto no que anunciaban a súa disolución logo de dezaoito anos de traballo musical. A nova, malísima para os que nos declaramos admiradores e fans absolutos, tirou de cen millóns de recordos e de lembranzas fermosas que quedarán para sempre comigo.

Marca España

Intermón Oxfam presentou a semana pasada un informe tremendo sobre o estado español no que demostra con datos moi empíricos que só hai outro...

Lennon dixo unha vez...

Lennon dixo unha vez: "houbo un par de profesores que me prestaron atención, que me animaron a debuxar e a pintar, a expresarme. Pero a meirande parte do tempo empeñábanse en que fose un puñeteiro dentista ou un médico". A frase pronunciouse hai máis de trinta anos e, probablemente, sigue absolutamente en vigor. 

 

Internet é un berro

Terán que pasar moitos anos, pero moitísimos, ata que teñamos a perspectiva temporal suficiente como para sermos quen de ollar cara atrás e comprender a revolución...

A nova lei do aborto devólvenos ao século V

Dende que o goberno anunciou a reforma da lei do aborto, están aparecendo voces que sinalan que a nova normativa nos retrotae á época do franquismo, ou sexa, aos tempos escuros...