Opinión

Xosé Manuel Olveira "Pico"

Que se apaguen as luces dos escenarios todos, a soidade e a ausencia non precisan de luces para interpretar o seu drama, que nós na escuridade ben percibimos a vibración dos sentimentos que interpretan. Non hai actores, hai sentimentos na caixa negra dun teatro baleiro onde o milagre da arte máis humana loita por sobrevivir nunha Galiza que chega tarde a todos lugares menos ao lugar onde habita a morte. Xosé Manuel Olveira “Pico” que cambiou as madeiras do barco polas táboas do escenario, pero que seguía a ter callos nas mans cortadas de mariñeiro, porque traballaba na escena como quen hala un palangre ou larga unha rede, con plena sinceridade, con plena humildade, con total consciencia de dedicarse a arte máis arriscada, onde a materia prima é o propio ser, a arte onde a materia coa que se traballa son os sentimentos humanos, o sentimento do actor a expoñerse, a convulsionarse, sen máis arma que a honradez, aquí non hai pinceis, nin instrumentos musicais, nin ciceis... só hai homes e mulleres expoñéndose, arriscándose. Unha arte verdadeira, sobre a escena non se pode mentir, e o actor se o é de verdade non lle queda outra que sentir, non finxir, non interpretar, sentir, só sentir. Xosé Manuel Olveira “Pico” sentiu tanto que era dunha verdade absoluta, pero non só na escena, baixo a escuridade dos focos, era dunha verdade absoluta, máis verdade aínda, baixo a escuridade da vida.

"Xosé Manuel Olveira “Pico” que cambiou as madeiras do barco polas táboas do escenario, pero que seguía a ter callos nas mans cortadas de mariñeiro, porque traballaba na escena como quen hala un palangre ou larga unha rede, con plena sinceridade, con plena humildade"

Cando un coñece a “Pico”, cando o ve no seu traballo nun teatro, e cando o ve na vida, un sente o orgullo de ser humano e galego, porque el era dunha conmovedora humildade, pero todos sabiamos, sabemos que era un inmenso ser humano con toda a súa humanidade ao servizo do teatro que loita por querer traballar para ser, para ser parte dun país que camiña sen focos e sen escenarios, que camiña na ausencia e na soidade pero que nunca se derruba porque está constituído por homes como Xosé Manuel Olveira “Pico”, que veu do mar de Esteiro a encher de humanidade os escenarios deste país sen focos, ás escuras. Como non imos amar o teatro? Cando o teatro é unha das nosas verdades máis sinceras, e por iso hai quen quere que cesen todas as funcións, pero grazas a homes e mulleres como “Pico” o teatro galego sempre representará a súa función, no mellor espazo escénico posible ou no máis pequeno recanto do noso pais, pero nunca deixará de haber un home ou muller en escena falando en galego e emocionando. A Xosé Manuel Olveira “Pico” debémoslle esforzarnos porque nunca haxa día no ano no que non se represente unha peza teatral nalgún lugar deste pais, porque el nunca deixou de traballar polo dignidade da nosa escena, e do noso pais, e a nosa débeda con el é enorme.

"A Xosé Manuel Olveira “Pico” debémoslle esforzarnos porque nunca haxa día no ano no que non se represente unha peza teatral nalgún lugar deste pais"

Ti non o sabías porque nunca cho dixen, pero cada vez que estreitei a túa man ou te abracei, sentía a emoción de saber que abraza a un actor e a un home verdadeiro, ao actor de todos os actores. E agora fago a promesa de contarlle a todos os homes e mulleres das novas xeración, aos que amen ao país, e sobre todo aos que amen o teatro, que unha parte moi importante deste teatro noso, no noso idioma, e que fala de nós, foi construído polas mans de Xosé Manuel Olveira “Pico”.