Opinión

Videos, restauracións e dereito de pernada do campión

Nos veráns da miña infancia, con sor citroën e a gran familia, non sei se por sorte ou por desgraza estabamos tan pouco informados que descoñecíamos das cousas importantes que suceden polo mundo: como a restauración amateur dun ecce homo ou o video onanista dunha concelleira dun pobo de Toledo.

Nos veráns da miña infancia, con sor citroën e a gran familia, non sei se por sorte ou por desgraza estabamos tan pouco informados que descoñecíamos das cousas importantes que suceden polo mundo: como a restauración amateur dun ecce homo ou o video onanista dunha concelleira dun pobo de Toledo.

Sempre me intrigou como se constrúen as noticias porque estamos a convivir con miles de referencias que non informan absolutamente de nada. En troques recibo uns correos electrónicos ateigados de datos interesantísimos que non saen a luz; entre os últimos fálase sobre os soldos e privilexios da clase política, que non distinguen tendencia ideolóxica; otro refírese á tasa de polític@s de España, que duplica a Alemaña. Outros suxiren alternativas para abaratar esas partidas impresionantes que benefician ao devandito sector privilexiado: disolver o Senado, as Diputacións, eliminar as Comunidades artificiais, prefabricadas, e outros chiringuitos montados á sombra de decretazos.

Hoxe recibín un que falaba de que o ex presidente da Generalitat Valenciana foi contratado como asesor do Hospital Sta Tecla de Tarragona e cobrará unha nómina de 6000 € ao mes.

As persoas no noso interese, preocupación social, cultura ou teima formativa tendemos a xerar información, máis unha información que se demora en chegar á luz pública ou queda soamente para coñecemento do eido doméstico. Pode que a opinión tamén xere noticia ao mostrar eses datos ou o propio punto de vista como relevantes.

A anécdota dun video difundido por internet dunha concelleira abriu un debate sobre o dereito á intimidade ou á propia sexualidade. O patinazo da Policía Científica no caso de Ruth e Xosé abriu un debate sobre a violencia de xénero. Sobre José Bretón: Pode ser un maltratador un bo padre? Afirmativamente, contestaba un psiquiatra forense que ata ese momento parecíame intelixente, con semellante caso diante das narices. Ata un inspector da policía recoñeceu desde as primeiras pescudas que o asasino das Quemadillas fixo desaparecer @s nen@s como vinganza contra a súa muller. Xamais un maltratador pode ser bo padre. Ao mellor pode ser bo xogador de dominó, pero nunca bo padre, porque @s fillos xa son víctimas e receptores desa violencia sobre a madre, quedando en ocasións tan noqueados coma ela.

Tamén se difunde que a Xunta de Galicia está invertendo en cursos de formación e reinserción para maltratadores. Indecente! Ë a clase de delincuente máis favorecida polo sistema. Cartos tirados ao lixo mentras as vítimas temen polas súas vidas.

Remata o verán cunha foto de rancia volta ciclista española: o gañador Contador cunha botella de dous litros de cava entre as pernas dispáralle un escumoso chorro contra unha pasiva azafata de vestido preto e afilados tacóns, que lle ri empapada a graza. Páganlle para iso. É o simbólico dereito de pernada do campión, unha modalidade aceptada de violencia de xénero. 

Comentarios