Opinión

Un programa de esquerdas

Aberta a ventá das eleccións, acabo de decidir que me presento. Que carallo! Sempre votando, sempre votando e despois son outros os que fan. Pois desta vez non. Aínda non confeccionei as listas pero xa teño un programa feito con retallos do que ultimamente levan proposto uns e outros, non hai ninguna idea propia. Nin siquera é un programa, son ideas soltas que se me ocorren ao fío da actualidade. Velaí:1.

Aberta a ventá das eleccións, acabo de decidir que me presento. Que carallo! Sempre votando, sempre votando e despois son outros os que fan. Pois desta vez non. Aínda non confeccionei as listas pero xa teño un programa feito con retallos do que ultimamente levan proposto uns e outros, non hai ninguna idea propia. Nin siquera é un programa, son ideas soltas que se me ocorren ao fío da actualidade. Velaí:

1. A política de Galiza decídena os galegos e galegas. Hai quen a isto lle chama “Dereito de autodeterminación”. A min, e á ONU, gústanos ese termo.
2. Creación dunha Banca Pública galega. Imprescindíbel para saír da crise, para tranquilizar á pequena empresa (que é a que crea postos de traballo) e aos pequenos aforradores e para servir de contrapeso á banca privada. Non hai forza política á marxe do PP que non teña considerado esa creación, ou sexa que isto parece pan comido.
3. Separación absoluta do goberno laico e as institucións relixiosas. Nin ofrendas ao apóstolo, nin asistencia a procesións, nin vantaxes fiscais. Ata o PSOE está de acordo, ou sexa que esta medida é outra das que saen adiante sen falta.
4. Eliminación das Deputacións provinciais. Esta é outra que parece reunir consenso. Eu de paso eliminaba as provincias e establecía a circunscrición única: pódese falar. E xa postos, algo revolucionario, que todos os votos teñan o mesmo valor. Isto vai haber que pelexalo.
5. Cesamento progresivo das subvencións ao ensino privado. Como din sempre os liberais, ten que rematar a cultura do subsidio e do chuchar do bote, cómpre deixar que funcione o libre mercado.
6. Camiñar cara a inmersión lingüística en todas as etapas da educación. Sen inventar nada, copiando descaradamente a fórmula de Cataluña para que non poidan dicir que non é legal.
7. Recuperar o control das autoestradas de pago, especialmente a AP9, que estrangula a actividade económica interna e dificulta a conexión territorial. Todos coincidimos en que non hai vía alternativa e que a concesionaria do Citigroup e os fondos dos Emiratos Árabes incumpren as condicións do servizo ao que están obrigados. Con todo, isto non vai ser doado. Hai a quen iso de “recuperar o control…”. Isto voullo consultar a Cristina Kirchner.
8. Paralización definitiva do mausoleo do Gaiás e posta á venda do xa construido: todo o que nos dean será gañancia neta. As mazás podres convén sacalas da cesta, non andarlles buscando os anacos aproveitabeis. Quero suponer que desta vez xa teremos a lección sabida.
9. Defensa a ultranza das actividades económicas productivas e estratéticas, especialmente as industriais. Custe o que custe. Non se pode perder a construcción naval nin a do automóvil e as súas auxiliares. Cada industria que pecha é un cravo no noso ataúde.
10. Racionalización do mapa de universidades, aeroportos e grandes portos. É preferíbel ter unha soa universidade, cos sete campus (ou menos), sen duplicacións, cun bo sistema de bolsas e unha soa estrutura. É mellor ter un aeroporto competitivo, coa autoestrada gratuita, a ter tres insostibeis. É unha burrada tirar mil millóns de euros ao mar en Punta Langosteira.
11. Renuncia á subvención, mesmo á tolerancia do modelo comercial das grandes superficies, dificultando fiscalmente a súa continuidade en beneficio da reinstalación das pequenas e medianas tendas urbanas.
12. Crítica do mapa ferroviario de alta velocidade deseñado para unirnos con Madrid. Esa liña non é rendíbel, polo menos para nós. O abaratamento dunha liña áxil entre Ferrol e Vigo si.
13. Abandono absoluto dos procesos de privatización da sanidade: Todos. Un exemplo: A falta de financiación e a paralización das obras do grupo de empresas que constrúe o hospital de Vigo debe aproveitarse para deter ese proxecto que hipoteca os fondos sanitarios públicos para décadas e reformularse para ser un hospital público, nos prazos que sexa posíbel.
14. O novo goberno debe pular porque todos os servizos esenciais estean baixo o control ou supervisión efectiva da cidadanía: a electricidade, a auga, as tarifas das telecomunicacións…
15. Galiza non quere saber nada da monarquía nin de industrias armamentistas nin de participar en invasións e guerras polo mundo adiante. Tampouco dos tribunais políticos de excepción: o Supremo, a Audiencia Nacional, o Constitucional.
16. A Xunta de Galiza naceu para defender os intereses e a cultura de Galiza, unha cultura absolutamente aberta ao mundo. Os intereses e as culturas alleas son lexítimas sempre que as apoien os seus gobernos, ou a venda de entradas ou obras. O goberno galego ten a obriga de defender "exclusivamente” a literatura, o teatro, a música, o audiovisual, os medios e a arte galega como parte do seu patrimonio. O resto ten abondo quen os defenda, e parécenos ben.
Poderiamos continuar pero creo que xa se colle a idea de por onde vai o noso programa. Se alguén se apunta…

Comentarios