Opinión

Un ministro de educación maleducado

  A educación debería servir, entre outras cousas, para facernos máis iguais, precisamente, respectando a nosa singularidade e diferencias. Sen embargo, o planteamento wertixinoso imperante, suliña as diferenzas, si, mais coma un pretexto para a segregación e a educación diferenciada, que vai ti saber que significará iso.Un maleducado.

A educación debería servir, entre outras cousas, para facernos máis iguais, precisamente, respectando a nosa singularidade e diferencias. Sen embargo, o planteamento wertixinoso imperante, suliña as diferenzas, si, mais coma un pretexto para a segregación e a educación diferenciada, que vai ti saber que significará iso.

Un maleducado.

O sistema educativo debería contribuir a apostar por unha posibilidade de construción dun mundo mellor, posibilitando aos discentes as ferramentas necesarias para a transformación social. Sen embargo, o wertigo doutrinal proclama un modelo de adaptación ao mercado laboral, as saídas e á aprendizaxe daquelas materias para o futuro (empresarial, enténdese) como fin derradeiro de todo o que se introduza nos programas educativos. Deste xeito, metémoslles a lume no máis profundo das súas conciencias, para que o sintan como natural (cando o certo é que nada o é) o estado actual das cousas (capitalismo, consumismo, competitividade...) e así asuman que calquera clase de cambio é imposible.

Un maleducado.

Nun estado aconfesional como o español (que non laico, a incambiable Constitución non emprega ese termo) a educación debería basearse na razón, a lóxica e a ciencia. Daquela, a wertiente oficial que lle segue concedendo á relixión rango de asignatura o que está é retrotraéndose a postulados do século XVII, é dicir, anteriores ao movemento da Ilustración e que sentou as bases para un mundo mellor construído dende o que temos seguro, a saber, as evidencias científicas, as conclusións racionais e o que está indubidablemente demostrado.

Un maleducado.

Sinceiramente estou convencido (e son pai de dúas crianzas) de que o menos importante é que o famoso e transparente Informe PISA nos coloque á cola de Europa. Se os resultados son eses, por algo será. O que de verdade me preocupa, o que de verdade me ofende, é constatar que o sistema educativo sempre se plantea como sistema e case que nunca como educativo. E que iso sempre acontece porque polo xeral aos ministros, conselleiros e demais autoridades educativas interésalles a educación o que a min a perruquería de señores. Ou sexa, nada.

Porque son completamente maleducados.

Comentarios