Opinión

Twitter: onde comeza e remata o rigor informativo

A día de hoxe ninguén dubida da transcendencia (que non importancia) que pode chegar a ter un comentario nas redes sociais que contan con máis siareiros. Non fai falla pensar moito para lembrar algún dos máis desafortunados comentarios de deportistas, políticos ou xornalistas. Cito estas profesións por ser os titulares das contas que máis siareiros adoitan aglutinar, mais é estensivo a empresas, profesionais, etc. Mais se imos un pouco máis aló, e ao fío do que estamos a vivir fóra da rede, cos xa famosos escraches, cómpre preguntarse ata que punto unha actuación ou comentario ofensivo, incerto, non contrastado ou ameazante pode quedar impune no universo das redes.

A día de hoxe ninguén dubida da transcendencia (que non importancia) que pode chegar a ter un comentario nas redes sociais que contan con máis siareiros. Non fai falla pensar moito para lembrar algún dos máis desafortunados comentarios de deportistas, políticos ou xornalistas. Cito estas profesións por ser os titulares das contas que máis siareiros adoitan aglutinar, mais é estensivo a empresas, profesionais, etc. Mais se imos un pouco máis aló, e ao fío do que estamos a vivir fóra da rede, cos xa famosos escraches, cómpre preguntarse ata que punto unha actuación ou comentario ofensivo, incerto, non contrastado ou ameazante pode quedar impune no universo das redes.

A credibilidade das mensaxes de perfís empeza e remata no mesmo punto da súa traxectoria profesional fóra das redes. É posible que un xornalista se permita o luxo de difamar e perseguir a profesionais, políticos ou empresarios cos seus comentarios en clave persoal (alleos á liña editorial do medio para o que traballa) con total impunidade?

Vexamos algúns exemplos do que xa está a suceder en Europa. Hai apenas unha semana, George Mobiot, xornalista de The Guardian, foi condenado a tres anos de traballo social por ter difamado na súa conta de Twitter a un membro da Cámara dos Lores, Lord McAlpine (Partido Conservador), ao ter emitido un chío facendo seu un comentario polo cal se daba a entender que o parlamentario era pederasta. Só é un máis das decenas de europeos, xornalistas e non xornalistas, que teñen sido sancionados por lanzar chíos que contiñan falsidades, inxurias ou ameazas.

Mais, por que en termos relativos hai tantos profesionais da comunicación condenados por este tipo de descoidos? As empresas propietarias de medios están, con razón, preocupadas. A elevada taxa de xornalistas condenados débese a que cada vez son máis os que utilizan Twitter (en España tres de cada dez, según datos contrastados das operadoras e de AEDE do pasado outono) e na súa maioría fano, loxicamente, perfectamente identificados, entre outras cousas porque case sempre son as empresas as que proporcionan o aparato e o abono telemático. Mais dos comentarios dos xornalistas que no seu perfil detallen selo dun ou doutro medio é responsable, xuridicamente falando, dito medio.

"É posible que un xornalista se permita o luxo de difamar e perseguir a profesionais, políticos ou empresarios cos seus comentarios en clave persoal (alleos á liña editorial do medio para o que traballa) con total impunidade?"

O certo é que os profesionais acaban pagando os malos hábitos que adquiren nas redes, que son radicalmente anti-profesionais, ata o extremo de que numerosos xornalistas acaban facendo o que o común dos tuiteiros: emitir e rebotar chíos absurdos, alleos ao seu labor profesional e, pouco a pouco, acaban facendo uso de Twitter con fins persoais como divertimento! Twitter non garante a veracidade de nada.

Twitter, en certo modo, ten confirmado que o coñecemento e a información estanse minguando, tanto se reduce o esencial… Que o esencial pérdese! Razón pola que o profesional debe utilizar Twitter con exquisito coidado e aplicando protocolos sistemáticos.

Cando un profesional está disposto a dicir algo utilizando só 140 caracteres, incluso para transmitir cuestións complexas, debe estar moi seguro do que quere dicir e posuír unha capacidade de expresión elevada, ensaiada, en especial para sintetizar sen corromper nin malear a mensaxe. Mais, para entendernos, Twitter é todo o contrario dunha notaría. É unha ferramenta e só unha ferramenta, e non precisamente un microscopio que facilite a observación e o estudo, senón que se trata dunha especie de fita transportadora. Nada máis, nin nada menos.

L.Sorensen, xornalista danés, ofreceu recentemente unha reflexión singularmente ilustrativa para xornalistas: “Non vexo a Twitter como unha plataforma de comunicación para os lectores. É útil para as fontes e para compartir datos cos colegas. Neste senso, é un medio elitista (…) Vivimos un momento emocionante para os xornalistas, mais ao mesmo tempo tamén é un momento perigoso para as empresas propietarias dos medios”; mais non polas posibilidades de Twitter como medio gratuíto que se converta nunha plataforma competidora, senón sobre todo porque Twitter pode destruír a credibilidade dos mensaxeiros, de todos, incluídos os xornalistas.

"Se emites lixo, recibirás básicamente lixo e o tuiteiro nunca debería esquecer que só vale ao 100% o que recibe de fontes coñecidas ou de fontes con fiabilidade"

O estudo “Join the Conversation: como están a usar Twitter os xornalistas españois”, elaborado polo colectivo de profesores LaBàpart, laboratorio da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), analiza a participación dos profesionais españois dos medios nas redes e as estratexias colaborativas máis relevantes e anovadoras. Entre outros asuntos, o estudo subliña que aínda son poucos os medios que teñen establecido normas que instrúan aos seus profesionais en como facer uso das redes sociais.

Na actualidade, apenas un 13% dos xornalistas teñen recibido directrices detalladas ao respecto, con independencia de que cando o aparato e a conexión son da empresa todos eles son advertidos de que teñen vetado o uso das ferramentas con fins persoais. En todo caso, según o mesmo estudo, o 54% dos profesionais consultados din carecer de normas máis aló de non facer uso persoal das redes nin dos enxeños, e só un de cada tres ten novas de que a súa empresa teña intención de crear un protocolo máis detallado.

Moi probablemente, o estadounidense Andrew Carvin, membro da National Public Radio, sexa un dos xornalistas que atesoura máis experiencia sobre como utilizar Twitter e facelo de forma eficiente ao tempo que honesta, pois participou virtualmente, non in situ, nas revoltas árabes e a súa conta de Twitter vehiculou un caudaloso torrente de información. Nembargantes, pese ao aluvión de chíos e rechíos, Carvin sempre, sen escusas, reservaba parte do seu tempo para confirmar o que recibía e identificar as súas fontes, e no caso de non logralo poñía en corentena a información e agardaba obter máis datos doutra fonte.

Se emites lixo, recibirás básicamente lixo e o tuiteiro nunca debería esquecer que só vale ao 100% o que recibe de fontes coñecidas ou de fontes con fiabilidade, ou ben contrastar as mensaxes e datos con outras fontes.

Twitter é un tesouro, máis con trampas, aínda que case todas son superables se se pon atención e se actúa con inexcusable rigor. A aplicarse o conto.

Comentarios