Opinión

Testemuña Mandela: Outra vida é posible

Tomaches a palabra para anuncialo. Tomaches a iniciativa, puxécheste en movemento para demostralo. Buscaches a xustiza para os negros, os africanos oprimidos. Sabías o que arriscabas e seguiches os pasos convenientes para conseguir a liberación colectiva. Para ti foron 27 anos de reclusión. Pero mesmo encerrado fostes libre. A forza da túa conciencia conseguía unha luz que traspasaba os muros da prisión e irradiaba na vida pública. Só nos oculta o silencio e a pasividade. A túa acción acabou co apartheid e conseguiu unha democracia anti racial. 

"Buscaches a xustiza para os negros, os africanos oprimidos. Sabías o que arriscabas e seguiches os pasos convenientes para conseguir a liberación colectiva".

Por seres unha guía para acabar coa ditadura, dedicárache un poema. Escolmo algúns versos: 

Non é fácil o camiño da liberdade, afirmas
Nelson Mandela
E haberá que pasar polo val das sombras da morte
unha e outra vez
até alcanzar o cume.

Non houbo sombras velando a túa infancia
na familia real dos transkei.
Educado para os privilexios e o moscatel
adoptas o facho candente dos colonizados
elixes os riscos da clandestinidade
entregas a vida á causa da liberación
do teu pobo
zulús segregados polos boers
negros encarcerados polos boers
africanos esmagados polos boers.
Non é fácil o camiño da liberdade
porfiamos contigo, Mandela,
dura vida coa gadoupa ao axexo
o medo enguedellado nas entrañas.
Represión, cadea,exilio, morte.

Pero unha luz reloce na impaciencia.
Vivimos esperando
durmimos e acordamos esperando.

A esperanza é máis ca unha certeza.
Se resiste Mandela na cadea, nós tamén resistiremos.
O espello solidario devólvenos a nosa negritude.
A liberdade non é negra nin branca.
A túa conciencia, Nelson Mandela, é
faro da nosa vida.

Comentarios