Opinión

Siniestro Total

“Vas ver este desastre..., este siniestro total?” Eran iso das nove e media da noite e nas inmediacións de Balaídos ían xuntándose os amigos para ir ver o “desastre”, así é como lle escoitei a un home definirlle ao seu amigo o que estaba a piques de suceder. A frase saiulle un tanto lacónica pero facendo enfase no de “siniestro total”. E claro, eu ao escoitar o de siniestro total en quen pensei foi nos Siniestro Total, vigueses e celtistas, e de seguido veu a miña mente o de “Y bailaré sobre tu tumba”. E non hai peor cousa que ir a un partido de fútbol no que xogas a vida cantaruxando unha canción que leva por título “Bailaré sobre tu tumba”.

"Non hai peor cousa que ir a un partido de fútbol no que xogas a vida cantaruxando unha canción que leva por título “Bailaré sobre tu tumba”.

O equipo estaba facendo un bo partido pero por moito que lle pedira a todos os astros do ceo que se alineasen e nos botaran unha man, niso do minuto 85 de partido cun 1-1 no marcador eu no que pensaba era na tumba. Nunha tumba ben grande na que iamos quedar ben metidiños se non eramos quen de gañar. E os minutos pasaban. No tempo engadido, nun intento de botarlle un pouco de luz ao asunto, xa até non via tan mal o empate, tendo en conta, pensaba eu, que os rivais directos tampouco gañaran... E nesas estaba eu metida cando unha xogada inesperada devolveume á realidade. De Lucas. Orellana. Bermejo. Fin. Gol. Loucura e ledicia inmensa.

    De Lucas. Orellana. Bermejo. Fin. Gol. Loucura e ledicia inmensa.

Pero, sen dúbida, o mellor exemplo do que foi o partido vino na canela ensanguentada de o meu curmán Xaquín, que nun intento de salvar ao equipo coa súa afouteza case cae a rolos polas bancadas de Balaídos. Siniestro total, que diría o amigo aquel.

Comentarios