Opinión

Se todo o que cae na rede é peixe, acabamos co peixe. Polo tanto, non vale todo

Fai anos , nos mares das chamadas colonias , os frotas pesqueiras do primeiro mundo (paises imperialistas) ,arrasaban con todo. Largaban os aparellos as veces que querian .Dentro dos aparellos normais,colocaban outros de mallas mais pequenas (chamabanlle condons) , para coller peixes de todas as especies e tamaños .

Fai anos , nos mares das chamadas colonias , os frotas pesqueiras do primeiro mundo (paises imperialistas) ,arrasaban con todo. Largaban os aparellos as veces que querian .Dentro dos aparellos normais,colocaban outros de mallas mais pequenas (chamabanlle condons) , para coller peixes de todas as especies e tamaños .Mandabanse para os túneles de conxelación todo o que viña no saco ,mesmo as especies en desove, xa que decian que todo o que viña na rede , era peixe .E ate se tiraba polo trancanil ,xa mortas , todas as especies que daquela, non tiñan valor de merdado .Este todo vale , era unha fartura para as casas armadoras .

Logo veu a liberación nacional das colonias ,a fixación da soberania das millas marítimas ,o esgotamento de especies , os paros biolóxicos para a conservación das especies e do habitat mariño,os cupos de pesca. Entón as frotas pesqueiras do primeiro mundo (paises imperialistas) ,tiveron que voltar ós portos de orixe.O negocio das casas armadoras reduceu- se, mais agora , veu acompañado polo envio dos mariñeiros ao paro. O todo vale , amosou a sua verdadeira faciana .

Permítaseme este simil mariñeiro como introducción ,para falar dos resultados eleitorais do pasado dia 21-O .Nun momento en que Galiza, por mor da política de dereitas e españolista aplicada polo Partido Popular, corre o grave risco de convertirse nunha rexión, nunha próxima reforma constitucional que xa se ve no horizonte . Nun momento no que os principios políticos do nacionalismo galego (liberación nacional e social de Galiza ,organizacions sectoriais proprias , defensa dos intereses das maiorias sociais, defensa das nosas señas de identidade.......) eran as ferramentas precisas para combater con eficacia as políticas salvaxes do capitalismo mundial, que traen miseria e mortes , o nacionalismo galego (o BNG) ...acada uns malos resultados eleitorais .Será casualidade? 

En política as casualidades danse ,mais ben ,pouco .Os malos resultados eleitorais do BNG ,son consecuencia, nunha parte importante ,da crise que padeceu nos últimos tempos. Crise que non foi ventureira , que foi planificada .Planificada por enemigos internos ( militantes do BNG que , non aceptando os principios democráticos , rachan a organización en tres partes ,irregulares,pero tres partes ) , e por enemigos externos que aproveitaron a ocasión para mentir e amplificar este conficto interno, na defensas dos seus.

E certo que o BNG tivo os seus proprios erros ,erros que algúns veñen de lonxe e que compre correxilos axiña .Erros que non son de liña política , senon de métodos de traballo. Mais , estes erros ,non son a causa fundamental dos malos resultados eleitorais .Se ben é certo que axudaron .

 Os resultados eleitorais son os que son e hai que aceptalos democraticamente .O PP gañou , o PSOE e o BNG baixaron e AGE tivo uns bos resultados , ainda que non acadaron o seu obxetivo , que según eles mesmos decian, era parar a Feijoo. Mais , os resultados eleitorais acadados por esta formación política son bós para o Pais , para os intereses das maiorias sociais do Pais? .Para acadar uns bós resultados eleitorais e correcto aplicar a formula "todo vale "? .Porque esta foi a fórmula que aplicou AGE .Esta coalición eleitoral estaba composta por nacionalistas galegos (Anova) e nacionalistas españois (IU), por colectivos ecolóxistas galegos (Ecosocialistas) e por colectivos ecolóxicas españois ( Equo). Nas suas listas eleitorais ,ian persoas con representación institucional derivada de actas que non lle corresponden. Levaban candidatos que defendian a permanencia de Ence na ria de Pontevedra , e outros que levan moitos anos sendo activistas de todo o contrario .Durante a campaña , o Sr Xose Manuel Beiras , foi o candidato que mellor defendeu o decreto para o aproveitamento de enerxia eólica co BNG e ademais , argumentouno correctamente ( o decreto daba capacidade de decisión os titulares das terras e esixia que os parques eólicos fosen acompañados por proxectos de desenvolvemento rural) .Sen embargo, dirixentes e militantes da sua organización , posicionaronse publicamente en contra de este decreto .O todo vale , vale para acadar bos resultados eleitorais? .A incoherencia política é de esquerdas?.Se cadra o todo vale , vale a nivel personal e de partido(para gostarse a si mesmo). Mais , a nivel de concienciación do Pais ,a nivel de avance , non vale .E este último nivel e o que verdadeiramente importa.

Tanto se falamos de mar , como se falamos de política , a fórmula todo vale , non vale . No mar trae como consecuencia o esquilme dos recursos . Na política trae como consecuencia dar ,non sei cantos pasos atrás, na loita de liberación nacional da nosa nación e na loita de liberación social das clases populares do noso Pais .

Comentarios