Opinión

Resultados electorais do BNG: parar, coller folgos e seguir para adiante .

Sempre ,pero ainda mais cando hai un resultados eleitorias negativos ,como foron os acadados polo nacionalismo nas pasadas eleccións ,as análises,non deben facerse en quente , co sangue fervendo ,porque se cadra , poden sair desenfocados .Compre deixalos amolecer , que collan pouso . En quente , escoitanse voces (honestas e con boas intencions), pero ,dende o meu punto de vista , fora do carreiro .

Sempre ,pero ainda mais cando hai un resultados eleitorias negativos ,como foron os acadados polo nacionalismo nas pasadas eleccións ,as análises,non deben facerse en quente , co sangue fervendo ,porque se cadra , poden sair desenfocados .Compre deixalos amolecer , que collan pouso .

En quente , escoitanse voces (honestas e con boas intencions), pero ,dende o meu punto de vista , fora do carreiro . Así , pódese escoitar que hai que volver á reunificación do nacionalismo .Non cabe dúbida que ese ten que ser o camiño do futuro .Mais , como se pode reunificar hoxe , con persoas que , non aceptando democraticamente a perda dos seus postulados políticos , abandonan o BNG ? .Con persoas que marchan da organización roubando as actas de concelleiros/as ? .O sofoco que poidan producir os rescoldos eleitorais (os que algunha vez ,temos combatido os lumes forestais , sabemos dos sofocos ) , non poden botar abaixo , de xeito antidemocrático , o acordado na asemblea nacional de Amio, onde se expresou o sentir maioiritario da militancia .

Estas mesmas voces (honestas e con boas intencions) ,tamén proclaman que hai que abrirse á sociedade. Vólvese usar esa palabra máxica que , ao non ser explicada , pode siñificar unha cousa ou todo a contraria. Ate o de agora , pensaba que usar eufenismos  era unha especialidade da dereita ideolóxica para achantar crúas realidades .Mais semella que esta perversa moda  tamen chegou a outras ideoloxias .

Mais , tamén , nesta análise post-teleitoral,escoitanse voces interesadas en darlle o golpe de gracia ao nacionalismo .Son voces provintes dos medios de comunicación , dos analistas políticos (onde raios se logra este título?) e tamén de algún que outro ex-cargo da Xunta de Galiza ..Todas estas voces , a coro , manifestan abertamente que o BNG ten que centrarse , que ten que ser partido bisagra , que a sociedade galega é conservadora e é ,neste caladeiro onde hai que buscar os votos..........Curiosamente ,estas mesmas voces , ao mesmo tempo , potencian e alaban a forzas políticas que poder coller votos no corpo eleitoral da BNG .En que quedamos ? .Os resultados eleitorais do pasado domingo 21 de Outubro , amosaron tamén , que partidos nacionalistas/galeguistas de centro ou de dereitas , non teñen cancha no eleitorado galego .Ollo pois con estes cantos de sereas .E xa se sabe que os cantos de sereas ,tiña como obxetivo engaiolar os mariñeiros para que os barcos fosen contra as rochas .

Agora ben , o que está acontecendo co nacionalismo , descontando os erros proprios , que os houbo , non e obra da gracia divina, está planificado .No outono do ano pasado , a organización galega de comunidades de montes (orgaccmm) , mantivo , a petición deles . varias reunions con representantes empresariais galegos ,dos sectores eólico e vitivinocola .A reunión tiña por obxecto consensuar unha futura lei de montes veciñais ,pois afirmaban os empresarios ,que se a organización galega de comunidades de montes ,consensuaba a lei , esta seria unha realidada xa que , afirmaban eles , que tiñan o acordo tácito dos tres grupos parlamentarios que daquela conformaban o Parlamento Galego .Como non podia ser de outra maneira, as reunións acabaron sen acordo .Fóra das , podemos chamar , reunións de traballo , falando ,como dician eles de "política" , estes representantes empresariais galegos , manifestaron que o BNG tiña que deixar de ser un partido radical .Que tiña que centrarse , asimilarse a un PNV/CIU .Mais este "novo" partido , non tiña que ser feito dende fóra , senon dende dentro do BNG , xa que esta era unha marca eleitoral con pouso no corpo eleitoral galego .O que aconteceu no BNG dende o proceso preparatorio da asemblea nacional de Amio , ate o dia de hoxe , foi a folla de ruta marcada por estes sectores empresariais galegos .Habia que matar ao BNG dende dentro ; e se non se conseguia, como non se consegueu , habia que seguir intentando matar dende fora.

A analise dos resultados (malos resultados) acadados polo nacionalismo galego o pasado 21 de Outubro , na miña modesta opinión, deberia siñificar : Pararse ; e decir facer unha analise de como esta a situción do Pais . Coller folgos ; e decir, reafirmarse pola soberania nacional , pola autoorganización das clases populares ,pola defensa dos intereses das maioirias sociais do noso Pais, polo cambeo do módelo económico;e tamén correxindo erros proprios que son ,sobor de todo, tacticos .Seguir para adiante , e decir , traballar na sociedade e no tecido asociativo .Todo elo sen presas ,sosegadamente e con moito debate .De non facerse así ,estariase enviando unha siñal de que o nacionalismo non ten futuro na nosa Nación .Cousa que eu non creo e sobor de todo , non quero crer .

Comentarios