Opinión

RAG e a liberdade de culto

[Xoán Costa]

A RAG é a entidade, e a autoridade, encargada de designar quen merece as homenaxes do Día das Letras Galegas. E así o vén facendo ininterrompidamente desde 1963. Mais a RAG non é a auctoritas relixiosa encargada de nos guiar, ou autorizar, sobre continuar ou non rendendo culto, ou celebración, a un ou outro escritor, a unha ou outra escritora, pasado o día da súa homenaxe oficial.

Daí que chame sobradamente a atención a liberdade que se nos outorga, como bula en tempo de Cuaresma, para seguir conmemorando, a nível particular ou colectivo, Carvalho Calero, agora que sabemos que, con argumentos que non entramos a valorar mais que consideran que o escritor, científico e divulgador está suficiente e adecuadamente celebrado, non se vai prolongar a 2021 e será unha nova persoa e unha nova obra a que centre os actos do 17 de maio. Acataremos a súa decisión, mais, por favor, deixen fóra da súa decisión a nosa liberdade de culto.

Comentarios