Opinión

Radios e dor

Almorzar escoitando a radio ten os seus riscos. O pracer de remexer o café con leite pode mudar en estupor. Coñecer que Europa non saben onde está o limiar da dor é un exemplo. A locutora explica con habilidade radiofónica algo sobre a prima de risco, os eurobonos, a rentabilidade dos mercados e algún outro misterio semántico da outrora xerga exotérica da economía. Esquece explicar quen é Europa.

Almorzar escoitando a radio ten os seus riscos. O pracer de remexer o café con leite pode mudar en estupor. Coñecer que Europa non saben onde está o limiar da dor é un exemplo. A locutora explica con habilidade radiofónica algo sobre a prima de risco, os eurobonos, a rentabilidade dos mercados e algún outro misterio semántico da outrora xerga exotérica da economía. Esquece explicar quen é Europa.

Cinco minutos despois o café arrefriou. Contrariada mordo a bolacha. A economía non resiste o limiar da dor. Magoa desa economía que nin sequera sabe até onde pode sufrir e que pode aguantar. Porque digo eu que, en xeral, todas e todos coñecemos o que podemos soportar. É certo que varía segundo factores xenéticos e que cada corpo é un mundo. De todas formas, se alguén nos pregunta pola mañá, antes do almorzo, se temos incertezas sobre o nosa dor responderíamos mellor que o Banco Central Europeo.

Co café frío, decido apagar a radio. E se tal limiar é o das poboacións? Esta idea comeza a colonizar a miña cabeza mentres decido só poñer música no tránsito primaveral da AP-9. Paisaxe e música. A dúbida sobre se as poboacións sofren desata unha desacougante preocupación sociolóxica. Está claro que os seres vivos si dispoñen do limiar en disputa. Lembro que na escola estudamos que é un mecanismo biolóxico de alarma.

Semella que o que bioloxía resolve con claridade, para a ciencia económica convértese nun enigma. Se cadra o seu problema é calcular con precisión o nivel de inxustiza que unha sociedade pode tolerar sen colapsarse. Así proba a subir un pouco máis o limiar cada día. Se os xubilados e as xubiladas pagan os medicamentos e non pasa nada. Claramente non é suficiente. Pódese un pouco máis. Se soben as taxas universitarias e eliminan profesorado -que pouco fan máis que educar-, o terreo xa está preparado para afondar na inequidade. Canto máis desigualdade e maior pobreza a capacidade de sufrimento aparenta medrar. Xa por último, proban a eliminar calquer dereito laboral porque so resta sucumbir ao reinado da gabada privatización do estado. Se o organismo social aínda resiste deixémosllelo moi claro, está dor que sente é pola súa culpa. Vivir por riba das posibilidades ten estas consecuencias.

Dous día despois, a mesma hora e cun café con leite similar escoito que Bankia necesita sobre 23.000 millóns de euros. Teremos que apagar todas as radio porque vai ser que Europa ten razón e non sabemos onde temos o limiar da dor.

Comentarios