Opinión

Quédome co futuro

De todas as imaxes que puidemos ver o pasado día 17 de maio, día da nosa lingua, eu quédome coa máis esperanzadora, aquela que nos amosa o futuro.

De entre as escenas, situacións, momentos que puidemos vivir, con chuvia e sen ela, con miles de persoas mobilizándose polo galego, festexando a lingua e esixindo poder empregala con normalidade, hai unha imaxe que queda na miña retina por enriba doutras. Por enriba de actos institucionais hipócritas, por enriba dun Presidente do Goberno cínico louvando (e ao mesmo tempo luxando a súa memoria) a nosa lingua e a quen loitou para que tivera un estatus que inda non ten. Máis alá do Presidente dunha outra institución que non se fai digno de tal e que nos fai supoñer un tempo con novas frontes. Por riba de malos e bos intres, de patrimonializacións e intentos de patrimonialización, e por riba da falta de patrimonialización. 

"Manteño aceso na miña memoria o intre no que unha nena orgullosa de ser quen é e de falar o que fala, declamaba para nós e facía seus os versos de Rosalía" 

Eu, de todo o que vivín o pasado 17 de maio, quédome con Icía. Manteño aceso na miña memoria o intre no que unha nena orgullosa de ser quen é e de falar o que fala, declamaba para nós e facía seus os versos de Rosalía: 

…que así mo pediron, 
que así mo mandaron, 
que cante e que cante, 
na lingua que eu falo!

Nesa nena, vexo o futuro dunha lingua en marcha. Pese a quen pese, guste ou non guste, hai moitas Icías nesta terra. Axudemos a que medren en número. A lingua tén futuro