Opinión

Predicar e dar trigo

Coñeceuse publicamente a celebración dunha Conferencia Política por parte da UPG o día 19 de Xaneiro para debater e tomar decisións a respecto da situación que está atravesando o BNG.Non pretendo discutir o dereito que ten este partido político ou calquera outra organización a celebrar as xuntas que considere necesarias sobre as temáticas que teñan a ben seleccionar.
Coñeceuse publicamente a celebración dunha Conferencia Política por parte da UPG o día 19 de Xaneiro para debater e tomar decisións a respecto da situación que está atravesando o BNG.

Non pretendo discutir o dereito que ten este partido político ou calquera outra organización a celebrar as xuntas que considere necesarias sobre as temáticas que teñan a ben seleccionar.Obviamente recoñezo a plena lexitimidade desta actuación e de todas aquelas que cumpran as normas formais establecidas previamente.Cousa ben diferente é o xuízo que merece esta decisión do punto de vista da súa oportunidade ou pertinencia.
 
Como é sabido, o BNG está realizando un proceso de debate sobre as causas e as consecuencias do sucedido nas eleccións do pasado 21 de Outubro mesmo coa participación de todas aquelas persoas simpatizantes que desexen aportar as súas opinións e propostas.Tal proceso aínda non está pechado nin existe unha folla de ruta aprobada sobre o contido e o calendario dunha vindeira Asemblea Nacional que culmine esta andaina iniciada poucos días despois do adverso resultado electoral.Neste contexto, qué sentido ten que as persoas afiliadas á UPG realicen unha socialización exclusiva e diferenciada sobre a mesma temática xeral que se está abordando nas xuntas do BNG?Por qué promover un mecanismo previo para adoptar conclusións dunha parte sobre asuntos que están na axenda do conxunto da organización nacionalista?

Un dos aspectos que está suscitando maior discusión nas Asembleas do BNG é o referido á estrutura frontista desta organización política.Sectores cualitativamente relevantes da mesma opinan que sería desexábel, neste momento, a desaparición dos actuais partidos e colectivos por entender que o seu mantemento dificulta a participación de todas as persoas afiliadas ao Bloque en igualdade de condicións por canto a dinámica de funcionamento dos grupos xa constituídos establece unha xerarquía de facto que provoca diversos efectos negativos.Xustamente por iso, un elemental sentido da prudencia debería ter evitado unha demostración práctica daquilo que diversas persoas están criticando no actual proceso de reflexión colectiva.

Alén da opinión que podan merecer as posicións que se aproben nesta Conferencia Política, a UPG perdeu unha excelente ocasión para demostrar practicamente a súa vontade de contribuír a mudanzas significativas no funcionamento do BNG aínda que a maioría decida, na futura Asemblea, non modificar as premisas básicas da estrutura organizativa.Na miña opinión, na situación actual do Bloque abondan as grandes declaracións e faltan as boas prácticas.Mais que predicar hai que dar trigo.

Comentarios