Opinión

Precarizadas do fogar

Entramos 2013 arrastrando como pedras atadas as nosas gorxas as noticias do 2012. Máis paro, menos orzamentos para o público e toda unha involución ideolóxica difícil de dixerir en tan pouco tempo. A pobreza na rúa con cara de desesperación e nos despachos dos que mandan cada vez aniñando mais o totalitarismo. Disfrazado e adicado a desprestixiar a política, mais totalitarismo en estado puro.

Entramos 2013 arrastrando como pedras atadas as nosas gorxas as noticias do 2012. Máis paro, menos orzamentos para o público e toda unha involución ideolóxica difícil de dixerir en tan pouco tempo. A pobreza na rúa con cara de desesperación e nos despachos dos que mandan cada vez aniñando mais o totalitarismo. Disfrazado e adicado a desprestixiar a política, mais totalitarismo en estado puro.

Con este panorama emocional na sociedade e as luces a medio gas por mor dunha factura que nin sabemos canto subirá a decisión do goberno de precarizar aínda máis o traballo doméstico tivo escaso eco neste cambio de ano. O logro insuficiente que obrigaba á persoa empregadora a asegurar á persoa contratada desde a primeira hora foi eliminado tras un raquitico estudio dos datos dos dous primeiros trimestres do 2012.

Con moi poucos datos para poder avaliar o incremento de afiliación á Seguridade Social, sen marxe real para mellorar os mecanismo da aplicación da Lei 27/2011 pola que a traballadoras do fogar se integran no Réxime Xeral da Seguridade Social o goberno de Rajoy decide dar un paso atrás. Un máis de tantos dados nos últimos meses. Nun colectivo que a lei non recoñece dereito ao desemprego, nin o cobro de salarios impagados en caso de insolvencia da persoa empregadora ou que exclúe directamente da Lei de Prevención de Riscos Laborais ao goberno do PP parecíalle moito que a obriga de cotización recaese na persoa empregadora.

Unha vez máis o goberno decide penalizar as máis débiles. As empregadas do fogar representan a precarización absoluta do traballo feminizado. O pouco valor que a sociedade concede ao traballo feminino do coidado o podemos ver refectido no nulo interese que se lle presta á dignificación do traballo doméstico. Podemos imaxinar algún colectivo que necesitara tanto anos para entrar no Réxime xeral da Seguridade Social e que tan só un ano despois sexa expulsado pola porta falsa co pretexto de facilitar os trámites. Non podemos imaxinar ningún porque non existe, e de existir tamén estaría formado maioritariamente por mulleres. Por mulleres que facendo unhas horas aquí e outras acolá manteñen aos fillos e fillas, pagan o aluguer ou consiguen manter o verdadeiro equilibrio orzamentario de miles de familias.

Desde que o BNG conseguirá un acordo unánime sobre esta cuestión no parlamento galego no ano 2003 leva chovido bastante en forma de Real-Decretos e Normativa variada ao respecto. Sen embargo, de novo temos que recordar que demandar un marco laboral xusto para o traballo do fogar, un marco cunhas relacións laborais que desterren a rancia idea do servizo e recoñezan os dereitos das traballadoras é unha antiga reivindicación feminista que hoxe é necesaria, até pode semellar que vangarda.

A crise segue a funcionar como pretexto na involución social cotiá que nos rodea. Para a dereita s as cousas deben voltar ao seu rego. Seguro que hai señoras con peinetas negras e nada galegas que opinan que os dereitos son moitos e xa se sabe: “Como está el servicio!”.

Comentarios