Opinión

Polo "Día da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal"

Os montes veciñais en mán común existen dende tempos inmemoriais e son unha seña de identidade da nosa nación ,ocupando 1/4 do territorio galego .Os montes veciñais en mán común son titularida

Os montes veciñais en mán común existen dende tempos inmemoriais e son unha seña de identidade da nosa nación ,ocupando 1/4 do territorio galego .Os montes veciñais en mán común son titularidades comunitarias ( nen públicas ,nen privadas) e a sua posta en valor dende a optica da xestión comunitaria dos recursos e unha alternativa de caracter sustentabel a explotación capitalista dos recursos .Os montes veciñais en mán común son titularidades de caracter xermánico e xa que logo ,fora do tráfico do comercio.

A caracteristica de estar fora do tráfico do comercio, fixo que ao traverso da historia, o monte veciñal en mán común padecese continuos ataques, ben para tentar de privatizalos ou ben para apropiarse deles .Ataques que escomenzaron na aplicación da Constitución Española do 1812 onde, a ideoloxia liberal burguesa puxo estas terras a venda mediante as denominadas leixes desamortizadoras. Ataques que continuaron coa usurpación franquista de estas terras comunitarias; ataques que chegan ate o dia de hoxe, onde intereses económicos, especulativos e urbanisticos (apoiados polo Partido Popular), tentan desnaturalizar os montes veciñais en mán común para convertilos en titularidades privadas .


"Cúmprense 40 anos do asasinato , pola acción da garda civil , do veciño da parroquia de Eirón, no concello de Mazaricos , Ché de Pedro" .


Se a dia de hoxe, os montes veciñais en mán común siguen a ser titularidades comunitarias, siguen a ser señas de identidade da nosa nación, débese ,principalmente, a loita e a resistencia da veciñanza comuneira na defensa de estas terras. Por por unha data salientabel, o dia de hoxe, 22 de Xaneiro , cúmprense 40 anos do asasinato , pola acción da garda civil , do veciño da parroquia de Eirón, no concello de Mazaricos , Ché de Pedro .

O veciño comuneiro Ché de Pedro , foi asasinado cando , xunto con outros homes e mulleres da parroquia de Eirón, estaban a impedir que as máquinas do Patrimonio Forestal Español (coñocido popularmente como os "os da forestal" ), entraran nas suas terrras comunitarias para enchelas de eucaliptus. Estaban a impedir que o seu monte veciñal deixara de ser o seu medio de vida .Estaban a impedir que lles roubasen as suas terras .Nesta loita polo seu, dos veciños e veciñas da parroquia de Eirón ( que é o de todos e todas) ,non só boubo o asasinato do veciño Ché de Pedro .Tamén houbo represión,detenncios e prisions de ate 6 meses.

Como aporte a historia do monte veciñal , que en moitos aspectos ainda está sen escribir ,se cadra , as comunidades de montes veciñais en mán común ,na celebración do V Congreso Galego de comunidades de montes , que terá lugar o vindeiro ano, deberian declarar os dias 22 de Xaneiro, como "Dia da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal".