Opinión

Política e cinema. Dicionario - Parte I

Hai uns días, facendo algunhas asociacións, pensaba eu que as pernas sobre a mesa de Jose Mari e George no contexto da invasión de Iraq, non foron mais que un

Hai uns días, facendo algunhas asociacións, pensaba eu que as pernas sobre a mesa de Jose Mari e George no contexto da invasión de Iraq, non foron mais que un punto de xiro inesperado no campo do xénero: do drama bélico ao werstern en cuestión de segundos.

Despois, repasando un ano tan intenso como foi o 2012, fiquei pensando no fío directo entre a política e o cinema

Así, caín na conta do monumental
erro de racord do partido no poder ao introducir palmas e gargalladas nunha escenade alto contido dramático como é o anuncio de graves recortes para a poboación.

Velaí queda para asombro de hemerotecas…

O “que se jodan” do pasado verán, sen dúbida un cameo de Tarantino (“Fucking, shit, fucking you…”) facéndose pasar pola Fabra… De non ser así, non se entende semellante salto nosdiálogos.

A sobreactuación da vicepresidenta tratando de parecer boíña e conciliadora, non é demasiado críbel para o público en xeral e tentan reforzala coa personaxe antagónica de Cospedal, a mala malísima desta historia.

Non hai dúbida de que ao PP lle vai o celuloide coma “guante - branco-”, mais o flash backdo PSOE con Rubalcaba á cabeza, e a interpretación estelar de Alfonso Guerra rescatado do esquecemento na conca mineira, tamén foi notable…

Iso si, nada mais relevante que o Fora de campo de Mariano. 

II

 Vexamos…


Nunha web informativa topámonos con esta nova: “…Os operadores de TV están fartos de facer travellings ecámara ao lombo coa coroa sempre polo chan…”

Ollo! que o dicen polos moitos tropezos de Juan Carlos Primeiro que xa está pondo dos nervios ao gremio de dobrese especialistas

O casting que ten Mayor Oreja é impresionante. Non se pode ter mais cara de miserable para interpretar o papel de miserable.

A asistente de imaxe da Ministra de Traballo debería atinar un pouco. Non acertamos a entender porque, cando toca interpretar unha personaxe moderna, carismática e resolta, insisten en caracterizala coma recalcitrante membra numeraria do Opus Dei.

A adaptación do texto literarioextraído do ideario do PP ao novo guión técnico merkeliano, tamén sobrecolledora.

O extemporáneo enfoque da lei do aborto de Gallardón & company, non ten desperdicio, aínda que xa se sabe que cando os secundarios pasan a protagonistas

Por outra banda, é público e notorio que o orgasmo dunha dereita que por fin pode aplicar as políticas soñadas, acadou o clímax na secuencia recortes-mentiras-recortes do pasado verán.

A Elipse, lugar común dos galegos para enfrontar a realidade, agudízase nos círculos de poder (Mariano, Pastor, Feijoo, Becaría, Rouco…), máis aínda cando o argumento se desenrola en localizacións perto do Pazo de Raxoy (que algún xuíz investigue este edificio!) e 645.509 extras galegos insisten, unha vez mais, en perdelo foco.

E que me din de Eurovegas e o Valor do “plano? Todo bo actor sabe que no Plano americano sempre se sae favorecido.

III

Unha de gángsters:Agora mesmo, o “affaire Bárcenas” ten todas as chaves para eclipsar Os intocables…”. E observen un estraño fenómeno: unha película de gángsters semella sempre moito mais real que calquera nova nos telexornais sobre a mafia italiana. Preguntémonos porque? e estexamos alerta.

Na habitual escenografía, Montoro e de Guindos obvian os planos de detalle e sorín no photocall. E Aguirre, “Soa ante o perigo”,di que nunca foi actrizdoreparto mais reclama papelcontexto en “Río revolto” e interpreta con acerto “Sen perdón”.

A banda sonora: Échame a mi la culpa de José Ángel Espinosa “Ferrusquilla”, o Tu a mi no me hundes de Juan Gabriel, elixan.

Así as cousas, agora que xa non se escoita a Voz en Off de Manuel Fraga, o PP está dividido:

Por unha banda están os partidarios da montaxe clásica cunha narrativa lineal e grandes recursos de produción, aínda que cada vez teñen mais presencia os renovadores que escoran cara a austeridade da Montaxe ideolóxica, é dicir, linguaxe fraccionada que prescinde da palabra e abonda nos símbolos.

Deixémolo en que o PP non minte, fai docu-ficción. E “recemos” para que os writers deste culebrón teñan previsto,ao menos, un

Happy End

 

 

Susana Rey, Xaneiro do 2013

 

Comentarios