Opinión

Periferias dixitais

Neste tempo de conflito económico, social e político é até certo punto esperábel que as distancias en todos os sentidos se agudicen. A distancia entre os pobos e o seu acceso ao poder, a distancia de acceso ao coñecemento dependendo do lugar de orixe e do xénero, a distancia no uso e manexo da tecnoloxía... Un extenso elenco de desigualdades en relación co coñecemento envolven as nosas sociedades para prohibírmonos un dos elementos esenciais da actualidade e do futuro: o coñecemento de base tecnolóxica e a capacidade subsecuente de sermos independentes para o autodesenvolvemento. 

Neste tempo de conflito económico, social e político é até certo punto esperábel que as distancias en todos os sentidos se agudicen. A distancia entre os pobos e o seu acceso ao poder, a distancia de acceso ao coñecemento dependendo do lugar de orixe e do xénero, a distancia no uso e manexo da tecnoloxía... Un extenso elenco de desigualdades en relación co coñecemento envolven as nosas sociedades para prohibírmonos un dos elementos esenciais da actualidade e do futuro: o coñecemento de base tecnolóxica e a capacidade subsecuente de sermos independentes para o autodesenvolvemento. 

Para isto temos numerosos datos e cifras que fan máis que evidente o camiño da desigualdade tecnolóxica que se está xerando ao nos redor. Revisemos algúns titulares recentes:

"As mulleres que desenvolven software en Europa Occidental constitúen o 3,5 por cento do total".

Galicia rexistra unha importante fenda de sexo no sector tecnolóxico

http://codigocero.com/Galicia-rexistra-unha-importante

Galicia reduce a fenda dixital pero continúa lonxe da media estatal

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21388

As maioría das análises dos últimos anos teñen en conta algúns factores de importancia para o estudo da fenda dixital. En xeral agrúpanse en determinantes económicos, demográficos e culturais. Os económicos analizan as diferenzas entre centros de poder económico e periferias, o acceso á tecnoloxía en relación aos seus custos, etc. Entre os demográficos estarían as desigualdades de xénero ou as minorías étnicas. Nos determinantes culturais destacaríanse de xeito relevante o acceso a Internet e ao coñecemento tecnolóxico en relación coa lingua propia e as posibilidades que esta ofrece. 


http://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0187-358X2006000200012

Ou botemos unha ollada aos datos sobre onde están as empresas tecnolóxicas máis relevantes, onde os seus centros de coñecemento, cantas mulleres forman parte da dirección da chamada sociedade do coñecemento....? Atoparemos datos coma estes: 

As mulleres que desenvolven software en Europa Occidental constitúen o 3,5 por cento do total.

http://www.bridge.ids.ac.uk/reports/Governance_SRC_Spanish.pdf


Ou poderiamos ler e reflexionar sobre o seguinte análise enfocado para a fenda de xénero pero que sería válida para unha fenda cultural, lingüística e demais. É dicir:  Primeira fenda dixital: a que se produce no acceso ás TIC’s . Segunda  fenda dixital: as habilidades necesarias para obter todos os beneficios do acceso.  Terceira fenda dixital: o uso de aplicacións avanzadas.

http://mujeresconstruyendo.com/blog/la-brechas-de-ga-nero-y-digital-de-ga-nero-en-espaa-a

Poderiamos continuar avanzando polos diferentes camiños que vai xerando esta campo fértil de promoción das desigualdades, que son ao fin, o garante da concentración do poder nas mans de moi poucos. Mais nós podemos actuar con proactividade diante destas tendencias. Porque de certo tamén existen outras alternativas que nos permiten sumármonos a movementos como o do Software libre que queren abrir a porta ao coñecemento e partir dunha base común sen desigualdade. (Vídeo):

http://elmundotecnologico22.wordpress.com/2012/05/10/explicacion-muy-didactica-de-que-es-el-software-libre/

Que diríamos se no século XIX ou nos comezos do XX os nosos intelectuais non puidesen crear unha imprenta, publicar libros ou ler as publicacións referenciais doutros lugares do mundo? Pois, aínda que pareza incríbel, isto é o que está a acontecer hoxe na nosa castigada realidade galega. Se non temos ferramentas propias, é dicir, as imprentas do século XXI, que non son máis que programas informáticos que transportan comunicación, contidos e datos; non teremos logo independencia e coñecemento para escribir a nosa historia no tempo presente.

"Existen outras alternativas que nos permiten sumármonos a movementos como o do Software libre que queren abrir a porta ao coñecemento e partir dunha base común sen desigualdade"

A calquera de nós resúltanos familiares os conceptos de fenda ou fendas dixitais,  desigualdade tecnolóxica ou privatización do coñecemento. Mas, ao meu modesto entender, non é tan doado ver o contexto no xeral. Non é sinxelo saber que vén antes e que vén despois, cales van ser as ferramentas e claves decisivas. Serán prioritaria a preparación profesional no dominio das TIC,  o serán o tipo de programas informáticos que utilicemos e desenvolvamos, será o acceso universal á rede, o tipo de dispositivos?

Si, demasiadas preguntas, mais tamén preguntas relevantes e estratéxicas no tempo no que nos atopamos. Pensamos que realmente poderemos, como galegas e galegos, ter algún peso no mundo intelectual se non nos enganchamos e difundimos entre os sectores máis conscientes as claves do coñecemento tecnolóxico na actualidade? Pareceríanos posíbel ter referentes intelectuais da altura que temos tido se non estivesen atentos e atentas aos cambios de paradigma ao longo da historia. Pois non nos enganemos, o paradigma leva uns cantos anos cambiando. E hoxe todo o estratéxico do noso coñecemento está vinculado con este cambio tecnolóxico: os medios de comunicación do futuro, as vendas a través da Internet, o material formativo, os descubrimentos... Absolutamente todo. 

Ou sexa que, aínda sendo na clandestinidade, na sombra, na periferia, con universidades ou sen elas temos que poñer as cabezas a funcionar e dominar estes novos medios. Haberá quen programe e o faga para o noso proveito como pobo en Sotfware libre, haberá quen se manexe na Internet para conseguir presenza do que somos no medio, haberá mesmo quen invente máquinas, aplicacións para a industria, etc. 

Pensades que esaxero? Pois convídovos a buscar na Internet cantas publicacións con ferramentas de Software Libre e con contidos propios temos a disposición na rede. Cantos medios de comunicación, cantos portais de contidos, cantos espazos web de educación e de formación? Canto de todo isto forma parte dun plan de futuro e de desenvolvemento propio? E por desgraza atoparemos pouca cousa, cando pola contra estamos nun momento histórico no que estas oportunidades están, por agora, ao noso alcance. 

Comentarios