Opinión

Un país en retroceso

Somos obxectivamente un país en retroceso e a tradución máis obvia do modo en que imos perdendo posicións en termos relativos é a queda demográfica.

Somos obxectivamente un país en retroceso e a tradución máis obvia do modo en que imos perdendo posicións en termos relativos é a queda demográfica. Fechamos 2014 con 14.000 galegas e galegos menos do que 2013. A pirámide poboacional é estarrecedora, propia dun país que desaparece. Abonda un dado. En 1981, eramos o 7,5 por cento da poboación do Estado. En 2011, o 5,9%.

O retroceso demográfico é o síntoma máis preocupante da destrución da base material do país. Ningunha sociedade aposta libremente no seu estancamento poboacional. Se minguamos é porque estamos a sufrir un brutal tratamento de choque, cos nosos sectores produtivos estratéxicos baixo mínimos a consecuencia de decisións que se toman fóra do noso país. Non lle deamos máis voltas: o problema de fondo é a dependencia política. Non somos un país soberano. Non temos ferramentas para planificarmos o noso futuro, a nosa economía e, consecuentemente, a nosa demografía.

A solución á queda demográfica pasa por repensar o rol político que xoga o noso país. Xa sabemos a que nos conduce a dependencia. Experimentemos, pois, coa soberanía.

Comentarios