Opinión

Os modelos ou referentes políticos do PP

Todas as organizacións políticas teñen uns referentes políticos, persoas que difunden o discurso, encabezan as listas electorais e que poñen como exemplo para conseguir o apoio da cidadanía. Estes son algúns dos modelos que difundiu o PP nos últimos anos:

Todas as organizacións políticas teñen uns referentes políticos, persoas que difunden o discurso, encabezan as listas electorais e que poñen como exemplo para conseguir o apoio da cidadanía. Estes son algúns dos modelos que difundiu o PP nos últimos anos:

Jaume Matas. Mariano Rajoy –era amigo persoal de Matas e veraneaban xuntos no iate de Gabriel Escaner, o dono de Sol Meliá– dicía deste político: “Es un brillante defensor de los intereses de Baleares” (18-6-1996). “Yo quiero un gobierno como el que preside Jaume Matas en Baleares” (28-2-2004). “Vamos a intentar hacer en España lo que Jaume y todos vosotros hicisteis en Baleares (27-11-2004). Este ex–ministro de Aznar e ex–presidente de Baleares, está acusado de trece delitos e unha malversación de cartos públicos por importe de 41 millóns de euros.

"Rajoy, que elixiu a Bárcenas como tesoureiro do PP no congreso deste partido de xuño de 2008, despois de estar imputado polo xuíz Garzón na trama Gürtel, declaraba: “Estoy seguro de que nadie podrá probar que no es inocente”

Francisco Camps. Isto dicía Rajoy de Camps nun mitin do PP: “Estamos contigo y yo siempre estaré detrás de ti o delante o al lado”. Camps, ex–presidente da Generalitat Valenciana está imputado, xunto con outros moitos dirixentes do PP, no financiamento ilegal do PP nesa comunidade. Por outra parte, o fiscal Pedro Horrach, que investiga os negocios ilegais do Instituto Nóos de Iñaki Urdangarín, deixaba moi clara a implicación como cómplices dos presuntos delitos de malversación de caudais públicos, falsidade documental e fraude á Administración dos gobernos de Baleares e Comunidade Valenciana, que presidían Jaume Matas e Francisco Camps: “Los convenios de colaboración son fruto de decisiones administrativas arbitrarias e injustas cuya única finalidade es la de beneficiar económicamente a unas personas concretas, obviando deliberadamente la utilidad e interés público que debe presidir cualquiera actuación administrativa. Estamos en presencia de una conciencia irrefutable de desviaciones de poder, requisito básico para calificar las distintas conductas como delicitivas”. Sobre o procedemento seguido por eses responsábeis políticos para adxudicar os concursos a Urdanagarín, o fiscal sinala que as decisións foron “adoptadas al margen de cualquier expediente administrativo”.

Carlos Fabra. Rajoy cualificaba así a Fabra: “Es un ciudadano y un político ejemplar”. Este ex–presidente da deputación de Castellón está acusado dos delitos de tráfico de influencias, suborno e contra a Facenda Pública. A Fiscalía Anticorrupción solicita para el unha pena de quince anos de cárcere e unha multa de 2,3 millóns de euros.

Luis Bárcenas. Militante destacado do PP, foi senador por Cantabria. Home de confianza da dirección do partido, durante trinta anos de servizo foi xerente e tesoureiro. Mariano Rajoy, que elixiu a Bárcenas como tesoureiro do PP no congreso deste partido de xuño de 2008, despois de estar imputado polo xuíz Garzón na trama Gürtel, declaraba: “Estoy seguro de que nadie podrá probar que no es inocente”. Para Javier Arenas, “Bárcenas es un ejemplo de buen trabajo, profesionalidad y siempre ha sido un ejemplo de decencia”. Bárcenas está acusado de numerosos delitos como branqueo de capitais, suborno, delito contra a Facenda Pública e financiamento ilegal do PP.

"Cando cheguen as eleccións, sería bo distribuír entre o electorado esta información para que a cidadanía teña coñecemento de quen son os referentes políticos do PP".

José Ramón Barral, “Nené”, alcalde de Riabadumia polo PP de 1983 a 2001, forma parte dun numeroso grupo de contrabandistas e narcotraficantes, militantes do PP, que facían importantes doazóns para o financiamento ilegal do seu partido. Rafael Louzán, actual presidente da Deputación de Pontevedra, entrou en política da man de “Nené” e ambos os dous tiñan intereses en varias empresas. “Nené” Barral está imputado, coas súas tres fillas, por un delito de branqueo de diñeiro e evasión fiscal. Desde hai doce anos ten pendente unha causa por contrabando de tabaco.

José Luis Baltar, presentábase así: “Yo soy un cacique, vale, pero un cacique bueno”. Foi investigado pola Oficina Europea de Loita Antifraude (OLAF) por presuntos delitos de fraude nas axudas da Unión Europea. O xuíz Leonardo Álvarez, imputaba ao ex–presidente da deputación de Ourense o 12 de abril de 2013 dun delito de prevaricación. Dicía o auto que Baltar “se limitó a contratar a aquellas personas que le vinieron en gana”; “Llama poderosamente la atención que la mayoría de las personas contradas tengan una vinculación directa o indirecta al PP”; a actuación de Baltar “supone una quiebra de la confanza que los ciudadanos deben tener en la credibilidad de las instituciones y en la confianza que ellas deben merecerles, incidiendo negativametne en la libertad e igualdad de todos los ciudadanos a la hora de concurrir a la contratación con la Administración”.

Cando cheguen as eleccións, sería bo distribuír entre o electorado esta información para que a cidadanía teña coñecemento de quen son os referentes políticos do PP.

Comentarios