Opinión

Oda ao poeta de Cangas Bernardino Graña

O día 1 de setembro a AELG xunto co Colectivo ArTeu organizan na Coruña a xornada Homenaxe Nacional ao poeta Bernardino Graña, "Medre o Mar!"  na que se inclúe unha travesía polo mar da Coruña. O poeta X. H. Rivadulla Corcón contribúe con este poema á homenaxe.

 Polo escuro do mar que vos contruba

aínda hai poemas de luz nos seus abrigos,

poeta de Cangas, meu amigo,

meu irmán de salitre e sol e chuva.

Polo vento que trae o mar de Cangas a Cabo Home

aínda resoa a túa voz en claro poema, Bernardino,

e escoito nas tabernas todas da túa vila aos gatos mariñeiros

recitando os teus versos de salitre, amor e loita.

Aprecio a túa man firme de poeta cando apertas a miña

e sinto nela a túa loita pola vida, pola xustiza e a esperanza,

e quero ser máis que o teu amigo, Bernardino,

quero ser grumete no teu navío navegando á liberdade.

Que cando ti vas aos remos xa non hai medo

ás vagas de mar nin ás galernas,

poeta de Cangas meu amigo, que miras limpo

como o vento que entra polas Cíes.

Comentarios