Opinión

O vinte ( que foi o 21) na Abella de Frades

“ …cando abres o corazón e amas, quérelo todo. E todo pode resumirse nun poema intenso de tres liñas. Enamorarse é carencia e exceso. Ser máis do que nunca fun.O amor marca un antes e un despois na vida…” ( Laura Mintegi).


O día vinte de cada ano, aínda que o día dos asesinatos foi o 21 de abril de 1947, concorremos a Abellá de Frades, polas terras de Ordes, e logo de sesenta e seis anos, para testemuñar memoria viva, activa e respecto, pois non é posible olvidar, a tres guerrilleiros ( e mal chamados bandoleiros).Tres nosos fondamente representativos de todas e todos aqueles que militaron ( e que militan teimosamente )  na xustiza, na liberdade, na vida en dignidade, esa soberanía, para servir ao seu pobo e naquelas circunstancias liberalo. Os méritos son deles e nosas as obrigas de os manter vivos, pois a memoria non podería  ser ( que o é) unha batalla e sen embargo tamén debe ser loita polo presente e niso a restauración de ben e de inocencia plena e pública, legal, para os nosos mártires mortos ou recibindo con desprezo a toda intensidade a condición de vencidos aquí, no seu exílio interior, ou non transterro.Todas e todos silenciados e ainda irredentos no corpus da nosa Memoria Histórica. Ás nosas Institucións e aos noso Gobernos non lles interesan, moléstanlle, pois danlle onde se debe, as voces das nosas mortas e dos nosos mortos. Vencidas e vencidos.Luces militantes de pobo.Luces de humildes acusadoras de toda razón perante de tanta ferocidade impune.

Estaremos pois o 20, sábado, no casal de donde tiveron que saír por mor de chivateo de malas artes e gabear, correr por defender vida, polo prado para recibir a morte non sen antes vendela cara. Valentemente.Loitaron decididos, comprensivamente, contra o fascismo rancio, inmedible, presente, que se traduciu literalmente en sanguiñentos vencedores herdeiros e posuídores, crían, do único pensamento,

"Concorremos a Abellá de Frades, polas terras de Ordes, e logo de sesenta e seis anos, para testemuñar memoria viva, activa e respecto, pois non é posible olvidar, a tres guerrilleiros"

Os tres asesinados  eran eles pertencentes ao Destacamento Manuel del Río Botana da IV Agrupación “ Pasionaria” do Exército Guerrileiro de Galiza.Os caídos foron: Manuel Ponte Pedreira ( tamén correndo polos dicires de Xastre, Negro, Pintor, Miracielo) nado en Frades e residente en Ordes. Era o xefe da IV Agrupación. Os outros dous eran Manuel Díaz Pan ( Roxelio) de San Pedro de Nós, Oleiros, carpinteiro afiliado a CNT e logo ao PCE, de familia fortemente antifranquista. O terceiro foi Manuel Rodríguez ( O Asturiano ou Chispas) que é de quen menos se sabe. Incorporouse á guerrilla despois que a súa familia fose fortemente represaliada en Asturias.

Hai que olvidar, din os que defenden a parte oficial da histora, e así ao fío diso, valia como exemplo, o de  quen botou 23 anos como préso ( din que o de con máis longa estancia), falo do poeta Marcos Ana, musicado por Mini e Mero ( que musicaron e cantan o poema “ dicídeme como é unha árbore”)e así cando referido “ a pasar páxina” ( ese recurso falabarato dos de conciencia nada tranquila que nos consideran masa sen destino na que se for necesario bourar sempre), Marcos di que si, que hai que pasala, pero logo de lela concienzudamente e reparado todo o que hai que reparar, pois aínda quedan fendas e feridas abertas ( non poucas).

O día 20 na Abella de Frades desde as doce da mañá deberá dar unha concorrencia importante para manifestar memoria e presentar preocupación non pouca polo herdofascismo que se mantén a vivo e que nos pon sombra desde a luz roubada e ilexítima.Con Ponte,Pan e O Asturiano, saberemos e aprenderemos un algo máis da exemplariedade destes nomes, a doutras e doutros máis, feita superioridade moral, entrega xenerosa, vidas que escribir sempre con maiúsculas. Nomes común propios. E así aplicar a conciencia a Castelao:non enterran cadavres…enterran semente…”e asemade o debuxo limpo e acusador, de maravillosa mensaxe, aplicable ás nosas e aos nosos, “…a derradeira lección do mestre” ( pois mestre é quen exemplifica vida e así o dá xenerosamente). Alegrémonos pola tarefa de os dignificar e así gustar da experiencia común, a do vinte na Abellá, aínda que de dolor fonda a toda dignidade, a deles tres guerrilleiros, pois o froito da súa semente deberemos ser nós e nós non podemos olvidar e se for o caso tampouco perdoar a quen nunca pediron perdón ( e non olvidaron).Non olvidemos que o xenocida maior formaba adecuadamente ás forzas da orde e a cousa duroulle corenta anos.Non olvidemos….

Comentarios