Opinión

O premio Galiza Mártir para Mini e Mero

A Fundación Alexandre Bóveda en cada dezasete de agosto, día da GALIZA MÁRTIR, entrega os seus premios para recoñecer a quen loitan, si, así mesmo digo, loitan, por este noso Pobo do Galego e de maneira en especial premian a aqueles que usando responsabilidades e actitudes tan firmes como serias fan da memoria nosa vida activa e colectiva. Que compartir na honra de saber o que foi e como se define.

A Fundación Alexandre Bóveda en cada dezasete de agosto, día da GALIZA MÁRTIR, entrega os seus premios para recoñecer a quen loitan, si, así mesmo digo, loitan, por este noso Pobo do Galego e de maneira en especial premian a aqueles que usando responsabilidades e actitudes tan firmes como serias fan da memoria nosa vida activa e colectiva. Que compartir na honra de saber o que foi e como se define. Por iso as e os premiados, son boa parte dos que están nesa teima nobre de recuperar, restaurar, emendar, a nosa memoria histórica e así constitúen unha auténtica – e necesaria – Comisión Emerxente da Verdade que deben adicarse teimosamente a titorar o certo, a verdade, a limpeza do que foi e como , a clara luz, dos que morreron e sufriron a nosa historia.Historia que debemos facer que permañeza aberta e comprensiva, vixiante e moi atenta, xa que non son poucas as manipulacións á que a someteron e no mesmo incluído desa maneira á nosa memoria. As premiadas e os premiados co Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda , es orla ourada de honra, constitúen exemplariedades de vida. Elas e eles,coma moitos máis, non nos fallan e pola contra constrúen a cada hora obra de ben e asemade realizan intuicións de boa luz que nos dignifican e así tamén nos determinan felizmente no concorrer dos pobos e das nacións do mundo. Elas e eles aportan gran e fan humanidade.Hai pan ( digamos). Elas e eles comparten e anuncian que no ano trinta e nove do século pasado non foi a paz e si a victoria.Velaí pois daquilo o que lles quedou a uns e o que a outros. Por iso é de atino restaurar e aclarar as cousas… ou non…?

O noso mártir significado , referente obrigado de nación, Alexandre Bóveda, colocado a voz coral de seguro que botará un ton de peito fondo e longo de afirmación potente e seguido dun aturuxo de valer de pobo ao saber destes dous nosos nomes premiados neste ano , Mini e Mero, que así coma el e tantas e tantos agardan andando. E con Alexandre tamén Daniel de Rianxo, Castelao, fará con liñas de sentires irmandiños unha viñeta oportuna no lugar perfecto de nós mellor ver: a de dous a ir de camiño… facendo camiño…a mans xenerosos e con corazóns coherentes…sempre en Galiza.

Mini e Mero, aínda que os respecten , pero non sen acedos, pouco ou nada queren saber dos que se quedan a paro no camiño, mesmo nas beiras, dando voltas sobre si mesmos. Desnortados. Ou facendo tal, pois son conformistas pancistas. Inmobilistas rendidos ou resignados. Os (en)cantos e valores populares e vitais de Mini e de Mero son para servir e non servirse. Son para construír e facer obra. Esa casa que debésemos xa ter de nós..Eles dous non enganan. Poñen as vidas no centro. Non manipulan. Van á par. Non traicioan. Ben se decatan que nestes andos e tempos négannos a condición de determinados e queren facer as nosas verdades inexistentes. E non poderán, dicimos, mentres as nosas resistencias vaian en primeira persoa de plural. Coma eles imos poñernos a toda forza e rebeldía, xa que eles miran aos ollos e soñan bonito o que lles (nos) gustaría ser ( e sendo sempre). E así nós.

Velaí que Mini e Mero, como ben deles en Galiza, a pé de obra, saben da memoria nosa e así intúen o que completa ao visible do iceberg que temos diante e que vivimos ( e sufrimos), pois moita foi a maldade que nos chegou e para quedarse e por iso faise obrigado coller o camiño de se facer preguntas.De pouco vale botarse por xalundes ao futuro para evitar o pasado. De ben pouco vale. Non olvidemos que o dereito a disentir, e diso Mini e Mero saben e dannos boa mostra, é a materia esencial dun pobo libre e así a protesta, o dicir non a tanta mentira, loitar por establecer a verdade, será o exercício activo da nosa liberdade…ou…? Facelo no desacordo, na protesta, non lle saca nada ao bo que temos e tampouco desdebuxa o bonito que gustamos. Diremos que dá para medrar e sermos máis felices. Por iso ( así seguimos a Machado e Cavafis) o importante é o traxecto, a busca…e así mirar para adiante e non levar enriba , ou ás costas de carga, máis do mesmo. E así dicimos:“ nós imos portarnos mal e quen queiran…que entren na roda… e que bailen…”

Con Mini e Mero - e debemos salientalo- a Lingua nosa, a Galega, faise musicalidade completa, soar de palabras puras e comprensivas, cadencias frenéticas que nos chaman ao facer obrigado e responsable de termos casa de noso. O deles no idioma, a canto e texto, a sentir desde dentro, faise lume morno activo de identidade. Nas palabras súas vive a dignidade. Polo que na Lingua usada , sen medidas absurdas, temporalidades, nin decretos) desde eles dous en comunicación percíbese a toda intensidade o aire da voz liberada que debe liberar máis. Liberada liberando pois na creación doce de textos determinados. Eles dous, Mini e Mero, na Lingua de Cultura, na de Historia e Tradicións, velaí na de Literatura, van de verdade ao que nos doe e asemade ao que nos define e nos descubre ( xa que ben moitos aparentan defendela, á nosa Lingua, e non, mesmo de certo no esencial o que fan é exercer desprezo a ela con inmedible entusiasmo).

A Fundación Alexandre Bóveda está de contento e así o proclama na celebración nacional do Día de Galiza Mártir. Día que reloce no que sentimos, no que militamos, no que proxectamos a camiño de facer pobo.Diremos que ben cousas son as que non poucos nos queren botar a olvido e esta do día, deste día, é unha. Nós dicimos que cousas coma esta da nosa memoria viva e colectiva , a dos nosos mártires, son imposibles de olvidar, pois alguén tarde ou cedo, nun día, comezaron a recordar, a celebrar, a preguntar, e así romperon os silencios, ocultos movementos, que semellaban ser eternos e intocables.Agora xa non. Non hai forma de nos parar nesa tarefa.

Benzóns ás traballadoras e aos traballadores da verdade.Ben así dicía R.Luxemburgo: “ quen non se move…non escoita o ruído das súas cadeas” eMini e Mero, de certo e a toda proba, móvense. Velaí nesta responsabilidade de facer pobo e historia como as galegas e os galegos lle damos unha Patria ao mundo.Velai.

david otero, mestre e escritor.

Comentarios