Opinión

O pobo saharauí nunha encrucillada

Na pasada fin de semana tiven oportunidade asistir en Cuntis a un acto de solidariedade coa causa do pobo saharauí organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí que contou coa presenza do máximo representante do Polisario no estado español Buchraya Beyún recén chagado de Tinduf das celebracións dos 40 anos de creación da Fronte Polisario, organización que dirixiu a loita contra o colonizador español e hoxe conta co apoio da práctica totalidade da poboación na súa loita contra o ocupante marroquí e polo exercicio do dereito de autodeterminación.

Tiven oportunidade asistir en Cuntis a un acto de solidariedade coa causa do pobo saharauí organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí que contou coa presenza do máximo representante do Polisario no estado español Buchraya Beyún recén chagado de Tinduf das celebracións dos 40 anos de creación da Fronte Polisario, organización que dirixiu a loita contra o colonizador español e hoxe conta co apoio da práctica totalidade da poboación na súa loita contra o ocupante marroquí e polo exercicio do dereito de autodeterminación.

Na curta conversa que tiven oportunidade de manter con Buchraya fixo referencia á intensificación da represión, unha intensificación da que son exemplos as condenas de febreiro a 24 acusados de disturbios cando o desaloxo do campamento de Gdeim Izik ou as contínuas folgas de fame en esixencia de dereitos dos prisioneiros saharauís que levaron até a morte hai poucas semanas a un activista de 22 anos en Agadir.

Na cea posterior na que participaron máis de 700 persoas viñéronme á memoria as duras imaxes e as conversas que xunto con outr@s tres galeg@s solidari@s mantiven hai uns anos con resistentes saharauís en El Aaiún antes de recibir a “delicada atención” dos servizos de intelixencia e represión do reino marroquí que nos puxeron literalmente de “patitas en Canarias”. Daquela abríase un debate entre a mocidade sobre a conveniencia ou non de retomar a loita armada cansos como estaban do desprezo e o abandono por parte da comunidade internacional.

"Como galego creo que o mellor xeito de amosar a solidariedade co Sáhara é facendo todo o posíbel por dar a coñecer a súa loita lembrando que detrás deses nen@s moren@s que podemos ver por Galiza no verán hai un pobo con dereito a existir".

Pasaron xa máis de seis anos da miña expulsión de El Aaiún e aquel debate segue vivo, son moit@s saharauís que vendo as traizóns e os retrasos desconfían cada vez máis de que haxa vontade no colonizador estado español e nos organismos internacionais en obrigar a Marrocos a aceptar unha saída xusta asumindo o dereito do pobo saharauí a decidir sobre o seu propio futuro. Considero que adoptar a vía armada neste momento contra Marrocos, que é o principal aliado dos EEUU no Magreb e por tanto conta con todo o seu asesoramento político e militar,  podería supor un suicidio para a causa saharauí pero tamén digo que non serei eu quen os critique pois a paciencia ten un límite.

Como galego creo que o mellor xeito de amosar a solidariedade co Sáhara é facendo todo o posíbel por dar a coñecer a súa loita lembrando que detrás deses nen@s moren@s que podemos ver por Galiza no verán hai un pobo con dereito a existir.

NOTA: se tentades acceder á páxina Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí  comprobaredes que está hackeada, e non sería estraño que baixo o nome de Moroccan Hackers estean os servizos secretos marroquís.

Comentarios