Opinión

O paseo dos soños (un lugar para Margarita Ledo)

Un ano máis ( e van sete) desde que a Irmandade  Manuel María e Xermolos en comuñón absoluta de ideas, propostas e e intencións , ao ir harmonioso das augas do Río Madalena, vistas elas e así sentidas desde o Muíño do Rañego en Vilalba,acordaron poñer un día nas vidas de moitas e de moitos e para sempre.

Un ano máis ( e van sete) desde que a Irmandade  Manuel María e Xermolos en comuñón absoluta de ideas, propostas e e intencións , ao ir harmonioso das augas do Río Madalena, vistas elas e así sentidas desde o Muíño do Rañego en Vilalba,acordaron poñer un día nas vidas de moitas e de moitos e para sempre. De aí  en clave de futuro e vangarda a creación dos Paseo dos Soños e así un soñar xigante da Chaira enteira. Moitas e moitos de noso, niso, estaban e estarán  presentes, eran e son referentes de recoñecer e polo mesmo ano a ano ocupan ( o cuparán) o seu espazo a hectómetros de respectos, de fantasías e imaxinacións, de creación, alí no Paseo e desta maneira constrúen corpus de marabilla para nós con eles e con elas darmos pasos de diálogos e de reflexións operativas ao compás da nosa primorosa militancia en quen somos  e estando.

Ao ir dos sete anos collémolos de ganchete e destas foron constructores merecidos do seu hectómetro de saber de mundo: Paco Martín, Manuel María, Darío Xohan Cabanas, Agustín Fernández Paz, Xabier Ponte Docampo, o mago extraordinario, crego galego, Manuel Carballo e tócalle agora, a pleno merecemento, a Margarita Ledo Andión.

E non hai dúbida que o texto de cadanseu ano, desde o primeiro ao último, neste de Margarita, posúe unha enorme riqueza de seu, inmedible, pois a través deles podemos tocar de mellor maneira o sabor da nosa cultura e o doce acento da nosa identidade,quen somos, e así definirnos de mellor na nosa determinación. Alí onfórmanse sete pasos a ateigados ferrados de acariños, como diría Manuel María, e así , poño por caso, podo escribir que:

“… o señor Lamote liberando soños na gaiola, e por rúas do vento ceibe, afirma os trece anos de Branca en contos por palabras. E Branca mirando o avión de Cangas busca o milagre das estrelas e abraza medos doces de lindo almibre cando petan na porta pola noite, e así as mans de maxia , entre pombas e panos de colores inmedibles, a destaque de azul e branca, darán materia suficiente para a mentira máis fermosa que supón disfrutar das imaxes tan buscadas e atopadas, da man da creación de Margarita Ledo, no parolar cune u, cun intre, cun inseuto, pois o corvo érguese cedo, si así mamá-fe, si así, nos sete lugares dese Paseo no que soñar que nos acollerán sempre…” .

Velaí que esta podería ser unha historia que se escribe nun paseo non moi grande, aínda que enorme no sentir, a banda sonora de recoñecer, e alí, podería dicir Branca aos seus trece anos, hai sempre un lugar e un motivo para fotografías e fotogramas. Son  paisaxes de milleiros de estimas, quereres e reflexións oportunas. Branca di que queda coa súa amiga aquí, o sábado e antes que ela chegue,fará  unha foto e logo con ela, coa amiga Margarita, outra e así verá ela  a verdade significada das moitas horas de traballos, padeceres e momentos bonitos, que nos acompañarán xa por sempre. Tamén estarán Carme García Negro, Eva Veiga, X.Ramón Pousa e Xosé López con todas e todos os que así o desexen.

Non haberá ventos despistados. Todos serán de bo respiro e terán destino pois en todos eles teremos que escribir a palabra AMOR xa que iso, polo sábado e sempre, combina e cadra cos proxectos de Xermolos e da Irmandade Manuel María.

Jhon Berger dixo que o creador ou a creadora, sex ana disciplina que sexa, rara vez saben o que están facendo. Sinto discrepar. Margarita fai e sábeo. Non perde o norte.As súas intencións son ben definidas e non gusta de perderse en moitas adorneces. Sabe acabar as cousas.Parabéns a ela e así  satisfago para todas e todos nós.Unha luz bonita estará o sábado no muíño do Rañego. Unha luz que nos acollerá todas e a todos no mellor que exercemos: recoñecer a quen o merece.