Opinión

O de Exipto de que vai?

Polo escoitado e lido estes días a sesudos analistas e mandatarios de diversos gobernos occidentais estou por concluir que para calificar os acontecementos que conlevaron a saída forzada do goberno do presidente elexido nas urnas Mohamed Morsi o máis acaído será recurrir á grande sabiduría daquel político da dereita con diversas responsabilidades en gobernos do PP; Juan Miguel Diz Guedes en 1995, sendo delegado do goberno español na Galiza, referíndose a unha brutal carga policial contra persoas indefensas, moitas delas de avanzada idade, declarou que a policía só procedera a un “desprazamento da masa manifestante”.

Polo escoitado e lido estes días a sesudos analistas e mandatarios de diversos gobernos occidentais estou por concluir que para calificar os acontecementos que conlevaron a saída forzada do goberno do presidente elexido nas urnas Mohamed Morsi o máis acaído será recurrir á grande sabiduría daquel político da dereita con diversas responsabilidades en gobernos do PP; Juan Miguel Diz Guedes en 1995, sendo delegado do goberno español na Galiza, referíndose a unha brutal carga policial contra persoas indefensas, moitas delas de avanzada idade, declarou que a policía só procedera a un “desprazamento da masa manifestante”.

"Debemos denunciar toda a hipocresía duns gobernos occidentais que nos presentaban as chamadas primaveras árabes como a receita para que eses países tiveran gobernos “libres e democráticos” elexidos polo pobo"

Sobre o que pasa en Exipto o ministro español de exteriores di que non debemos sacralizar termos como “golpe de estado”, e ningún dos gobernos da UE que se teñen pronunciado emprega ese termo, a vicepresidenta española di que os exipcios canto antes deberían ter a posibilidade de elexir un goberno, e para rematar Obama infórmanos de que estamos simplemente diante da “decisión das Forzas Armadas exipcias de remover ao presidente Morsi e suspender a Constitución” quedándose tan pancho.

Sei que diante do sangue verquido en diversas cidades e aldeas exipcias pode parecer incluso despreciativo para coas vítimas liarse con denominacións de feitos que cando menos voltan abrir un periodo de inestabilidade e violencia non só nese país senón en toda a rexión. 

Non é o meu obxectivo facer humor macabro pero si considero que debemos denunciar toda a hipocresía duns gobernos occidentais que nos presentaban as chamadas primaveras árabes como a receita para que eses países tiveran gobernos “libres e democráticos” elexidos polo pobo. Todo iso desaparece neste momento cando defenden, e nalgún caso patrocinan, que o exército árabe da zona que máis axuda militar recibe dos EEUU decida interrumpir a legalidade institucional do seu propio país.

Até hai pouco iso chamábase golpe de estado pero agora chámanlle “interrupción do mandato dun presidente elexido” en palabras do máximo responsábel da diplomacia española.

Certamente non podemos agachar que o goberno de Mohamed Morsi o único que fixo foi botar por terra as expectativas que puxeron nel sectores confiantes nos Irmáns Musulmáns en base ao labor social e asistencial que realizan desde hai décadas asumindo en moitas zonas do país o papel do estado;  foi incapaz de mellorar as condicións de vida das clases populares e mantivo a liña do rexime anterior de sumisión ao FMI, unha sumisión que conlevou a suba de productos básicos como o pan e prevía un importante plan de privatizacións. 

E non deixa de ser menos certo que a súa actitude para cos sectores de esquerda e o movemento sindical non foi menos represiva que a do rexime de Mubaraq poñendose en práctica ademais medidas tendentes a axeitar a vida exipcia aos preceptos morais defendidos polos Irmáns Musulmáns. Unhas políticas que levan hoxe a sectores da esquerda exipcia a valorar o golpe de estado como algo progresista que permite abrir un camiño alternativo.
Pero todo o anterior non pode levarnos a agachar a realidade de que deposto Mubaraq a estrutura militar que o mantivo segue a ser quen marca o camiño a seguir, e isto non o fai por unha conciencia democrática adquirida vía mobilizacións da Praza Tahrir senón por un papel central no estado e na economía que se nega a abandonar, e sobre todo porque sabe que conta co apoio dos EEUU e de Israel.

"Até hai pouco iso chamábase golpe de estado pero agora chámanlle “interrupción do mandato dun presidente elexido” en palabras do máximo responsábel da diplomacia española"

Ábrese un novo tempo non só en Exipto senón en toda a zona e recoñecendo que permanecen moitas incognitas sen despexar, eu cos datos que temos dubido que ese novo tempo teña a ver co que nos venderon os comerciais da marca “primaveras árabes” a finais de 2010 e nos primeiros meses de 2011.  Penso que desgrazadamente poderá ter máis semellanza co que  que acontece desde que foron “liberdados” Libia e Iraq, pois os sectores islamistas exipcios están a constatar hoxe como o exército é quen decide que aqueles discursos de que era posíbel para eles despois de anos ilegalizados conseguir a lexitimidade por medio de eleccións son papel mollado, un papel mollado non con auga senón cunha gasolina que servirá de combustíbel para os sectores que proclaman unha lectura máis fundamentalista do Islam e o uso da violencia sectaria como único camiño.

Hai duas décadas en Arxelia os militares cortaron a posibilidade de chegar ao goberno por medio de eleccións da islamista Fronte Islámica de Salvación; o resultado foron dez anos de guerra civil con máis de 150.000 mortes, e sendo certo que non se poden trasladar acontecementos e situacións é igual de certo que Alxeria tiña fama de ser un dos países árabes máis avanzados e occidentalizados.

Comentarios