Opinión

O 15-M deixa pegada

Moito se ten falado do impacto do 15-M no panorama político galego, sobor de todo na falta de adecuación ao fenómeno por parte de PSOE e BNG. Na confluencia de 15-M co BNG é cara onde dirixirei a miña mirada, por ter vivido en primeira persoa ambas experiencias. Cando o fenómeno do 15-M estoupou foi toda unha sorpresa, mesmo para os organizadores da manifestación.

Moito se ten falado do impacto do 15-M no panorama político galego, sobor de todo na falta de adecuación ao fenómeno por parte de PSOE e BNG. Na confluencia de 15-M co BNG é cara onde dirixirei a miña mirada, por ter vivido en primeira persoa ambas experiencias.

Cando o fenómeno do 15-M estoupou foi toda unha sorpresa, mesmo para os organizadores da manifestación. A rede enchéuse de cartaces, proclamas e apoios mediante envíos masivos de correos electrónicos, rechíos e “gústame”. Nada fora do normal, múltiples convocatorias tiñan aparecido anteriormente sin apenas repercusión. Mais daquela vez non foi o mesmo. Masivamente a cidadanía decidiu que xa era hora de deixar a desidia aparcada. 

Vivíronse momentos moi ilusionantes. En Vigo a famosa farola de Urzáiz ía convertirse no símbolo dunha nova democracia participativa, unha revolución pacífica. Moitos nos unimos coa ilusión de que, por fin, os nosos gritos no deserto fosen compartidos pola maioría, sen discriminación e cara unha sociedade máis xusta e igualitaria. Recordo as conversas a través das redes sociais até as tres da madrugada, organizando grupos onde debatir estratexias, traballos e borradores sobre os que debater. Tamén as asembleas abertas na Farola, onde todos e todas podían expresar o seu punto de vista.


Mais nese momento comezaron as contradiccións, as discrepancias e os enfrontamentos. A lenda do asemblearismo por consenso comezou a esvaecerse. Non valían as bandeiras, se eran nacionalistas xa que as republicanas españolas eran benvidas, ainda que o debate sobre o republicanismo foi motivo tamén de tensas disputas. Non valían as antiguas fórmulas, así que vellos e novos sindicalistas e activistas políticos comprometidos antes do día D recibían a condición de parte do problema. A liberdade era absoluta mais, con toda lóxica, debían artellarse regras de participación para non caer no caos. Algúns alzamos a voz reclamando a toma interna das organizacións políticas, como único xeito de transformar o sistema de xeito eficaz. Excluíronnos. Un compañeiro, Xabier Pérez, reflexionou sobre isto empregando o filme “Die Welle” (A Ola) de Dennis Gansel, moi recomendábel o seu visionado. Unha revolución pode converterse nunha dictadura en canto se prescinde do dereito á discrepancia. 

Consecuencias? Moitos dos cidadáns que nos achegamos ao movemento fuximos ao comprobar a tendencia. Xa non había cidadanía espontaneamente agrupada. O politburó o constituían os acampados e os que tiñan outras obrigas, familiares e/ou laborais, xa só poderían ser membros dun escalafón máis baixo. Houbo sectores da mal chamada clase política que se opuxeron a eles firmemente, alimentando a rebeldía. Mais os máis hábiles foron os que os consentiron, agardaban a que se acabasen por cansar. E así foi.

Namentres no BNG estábamos noutros debates, principalmente internos. Algúns dos que comezamos desde o inicio co 15-M vimos a oportunidade de modificar o rumbo dereitizador que estaba a levar o BNG. Aparcamos o traballo externo, que ía camiño do fracaso por desorganizado, e acometemos o de comezar a mudar a única organización frontista de carácter nacionalista e de esquerdas. Hoxe podemos decir que o movemento foi tardío.

Qué quedou de todo aquelo? Principalmente unha masa astiada que dificilmente será movilizada novamente, ese corenta por cento de poboación que o 21-O non foi a votar. Mais tamén quedou algo positivo, a pegada na sociedade de que o actual sistema non vale e hai que mudar estratexias, estructuras e mensaxes.

Lamentablemente a maioría silenciosa da que tanto presume o Partido Popular sigue a impór a aritmética nos comicios electorais. Só esa alta porcentaxe de vencidos pode derrotalos, cómpre espertalos axiña.

Comentarios