Opinión

Novas achegas da RAE

Comezo un artigo diglósico porque as circunstancias o demandan. A RAE vén de incorporar un número de entradas ao seu dicionario da lingua que me trae á memoria o razoamento [email protected] graffiteira do meu barrio: “tía, si no se torpedean las academias de la lengua es porque salen baratas y llevan el título de Real, que mola mazo”. Fachendosa castrapofalante, non creo que a deusa do sprai pensara na RAG cuxa existencia descoñece.

Comezo un artigo diglósico porque as circunstancias o demandan. A RAE vén de incorporar un número de entradas ao seu dicionario da lingua que me trae á memoria o razoamento [email protected] graffiteira do meu barrio: “tía, si no se torpedean las academias de la lengua es porque salen baratas y llevan el título de Real, que mola mazo”. Fachendosa castrapofalante, non creo que a deusa do sprai pensara na RAG cuxa existencia descoñece.

Pero non vai moi despistada porque a lingua máis viva do planeta, o inglés, a pesar de carecer de tutela académica, quen non a domina non se move nin nos cumes, nin nos (silicon) vales.

Non obstante, curioseo nas achegas dos dicionarios para comprobar en que medida se adaptan as Academias ao devir dos tempos.

Coas novidades da RAE de xuño 2012, a opinión pública subliñou o termo "matrimonio", por beneplacitar a fusión entre iguais. Moi oportuna a ampliación da RAE -tendo en conta a proximidade do día do orgullo gai- en seducir ao gai power que financia ata ao mesmo Obama. Por máis que a emenda cínguese á conxuntura legal: “en determinadas legislaciones unión de personas del mismo sexo”, estimando unha posible derrogación da lei se trunfa o “veto da vergoña”. Que non aplauda o mundo gai.

Aporta o dicionario os termos `sociatas´e`peperos. Pero que necesidade hai de incitar aos baixos instintos con palabras tan fuleras como esas? E digo eu que, postas a molestar, que lles custaba ofender aos "Bilduleros", "Blocatas", “Quinceemeros” ou “Izquierdapluraleros”? 

Agora si: a comunidade castelán-falante enteira, sobre todo a latinoamericana, estaba a pedir a gritos o termo `isidril´; así como palabras tan sexys como `gayumbos´que suplantarán (Zara mediante) os vulgares `calzoncillos´ de toda a vida.

Canto ao de `canalillo´, o que tería dado por estar na reunión que se aprobou... 

Para compensar o do matrimonio de [email protected], ábrese un glorioso campo semántico onde se filtran os tamén imprescindibles `vaticanista´; ou`cienciología´ que, por arte de maxia do esplendor académico -ou subvención de Tom Cruise- xa non é unha seita nociva, é un “movimiento religioso”.

Xa non hai argumentos para crerlles, [email protected] acadé[email protected], de que un dos motivos para non feminizar a linguaxe sexa a súa economía. Vaia cristo co de “membra”...! un termo de uso habitual en moitos países de centro e sudamérica.

A polivalencia da "arroba", grafema plástico e sintético (incorporado desde o feminismo) sen chegar á panacea, estase estendendo fóra dese eido e xa se aprecia (parabéns á redacción) nun medio de comunicación como Sermos Galiza.

Unha cousa está clara, desde as Academias perpetúase o sexismo na linguaxe. Un dato: a teima en manter o masculino universal excluínte, sobre o que fan garda como se lles pertencera (como ao porteiro o edificio).

E como despedida un episodio suxerido polas achegas da RAE nesta “tarde estival por aquel paseo isidril, en el que vi asomarse los canalillos de unos vaticanistas, al descender suavemente sus gayumbos... breve escena porque de acojonamiento, al verme interesada, ascendieron sus ropas íntimas ocultando la para mí tan hermosa vista; seré yo perversa friki, que imagino canalillos en donde la espalda pierde su nombre?”

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.