Opinión

Non estamos todos

Capítulo 1. Xente morta.

De Díaz Pardo a Madeleine McCann, todos os mortos merecen un certo respecto. Se a característica de morto a estendemos (dar de si) até a xente que está morta por dentro, podemos pensar que os concursantes de Gran Hermano 14 merecen un certo respecto. 

Ver Gran Hermano, ao igual que ir a un velorio, funciona. Ver xente morta chama á reflexión, ao encontro co noso ser máis profundo, a nosa fosa aséptica (—Cariño, cierra la billa que me escaldo!).

Igor non estivo moi lúcido. Tontear co cabalo que é Miriam non resultou unha estratexia intelixente. Igor era un ludópata e meteu a pata: xogando, xogando... 
Igor é o Beiras do asunto (—Cariño, el chico está diciendo politicalladas!). Sonia é Vence. Mercedes Milá é Feijóo. Desi é o PSdG enteiro.

E todos son xente morta.

Capítulo 2. Out of my mind: os tópicos.

"Tanto tiña que o concepto “manifestación para que volva ETA” fose unha ridiculez similar a “ciclismo indoor ultragay” ou “nacionalismo intelixente”. A dirección do programa expulsouna. A dirección do programa devolveuna á vida".​

Cando Argi comentou que a única manifestación á que acudiu na súa vida foi a unha pola volta de ETA, conseguiu moito máis do que pensou. Reviviu. O programa, disque baixo a presión dos seus anunciantes, expulsouna.

ETA: mal. 

Tanto tiña que o concepto “manifestación para que volva ETA” fose unha ridiculez similar a “ciclismo indoor ultragay” ou “nacionalismo intelixente”. A dirección do programa expulsouna. A dirección do programa devolveuna á vida. Tirouna dese mundo de miradas ocas e sexo inerte. Liberouna. 

A triste estupidez seria incapaz de xogar cos seus tabús é a morte. Hai algo co que non poidamos xogar ti mais eu? Os chistes de Ortega Lara poderían ser tan bos como os de Moncho Reboiras.

Capítulo 3. Xa durmiremos cando morramos.

Cada un dos concursantes de Gran Hermano 14 está morto por dentro. Até aí, concordamos.

Todos os políticos do parlamento galego están mortos por dentro. Até aí, tamén concordamos. 

E ti? 

Ques vivir ou ques morrer?

Comentarios