Opinión

Ninguneo dos delictos sexuais no caso Assange

Julian Assange non está reclamado polos EEUU. Está reclamado por Suecia, por violación de dúas mulleres. Para non ser extraditado a Suecia, refuxiouse na embaixada do Ecuador. Correa, o presidente confesou que antes de darlle asilo xa sabía que o Reino Unido non lle ía conceder ao reo refuxiado. Quixo chamar a atención e buscar a colaboración do resto de países latinoamericanos como Venezuela, Arxentina o Brasil.

Julian Assange non está reclamado polos EEUU. Está reclamado por Suecia, por violación de dúas mulleres. Para non ser extraditado a Suecia, refuxiouse na embaixada do Ecuador. Correa, o presidente confesou que antes de darlle asilo xa sabía que o Reino Unido non lle ía conceder ao reo refuxiado. Quixo chamar a atención e buscar a colaboración do resto de países latinoamericanos como Venezuela, Arxentina o Brasil. Ningún deles destaca polas leis en defensa da autonomía das mulleres. Esta é a situación; J.Assange está reclamado por Suecia por 2 presuntas agresións sexuais a mulleres de Estocolmo. Négase a ir, di, porque teme que en Suecia o entreguen aos EEUU onde podería ser xulgado polo caso dos documentos secretos de Wikileaks e a sentencia sería maior.

 Por un lado: Dubídase da seriedade de Suecia. Paréceme ofensivo.

Por outro lado: o autor en propias declaracións nin fala dos delictos sexuais. Tampouco lle dan importancia as personalidades que puiden escoitar como Garzón, ou Llamazares. Moitos periodistas aludiron as leis tan restrictivas que tiña Suecia nesa materia, e dubidaron que aquí fose considerado delicto o condenable naquel país.

A clave está no consentimento1 un argumento moi discutido, maiormente nestes casos. Cómpre analizar se a muller ten autonomía abonda, se está nunha posición de suxeita nese momento, ou se existe unha presión, unha relación desigual ou de poder. Coñecemos unha frase tradicional: cando as mulleres din non, queren dicir si. Con tal sabedoría e tantos xuízos nos que definen como debemos ser e comportarnos as mulleres, os homes xustifican calquera acción.

No asunto J.A. do que saberemos máis se chegan a xulgalo polos delictos sexuais, as mulleres deixaron de consentir cando o actuante se negou a usar preservativo. Ou sexa que coller unha enfermidade de transmisión sexual ou quedar embarazada é unha bagatela para os que deciden que as leis de Suecia son demasiado favorables para as mulleres.

Pero aínda más, mesmo de non haber o tema do preservativo, unha persoa pode dicir non no momento que queira e iso basta. En Suecia, a violación é un delicto contra a liberdade e considera que unha muller é suxeita e dona dos seus actos. Velaí o cerne da historia.

Isto non ten valor, disto non se discute no caso de J. A. A cambio están xulgando, avant la letre, a discutible extradición de Suecia, e o comportamento criminal dos EEUU.

J.A. está reclamado por dous delictos sexuais e debe ser xulgado por eles.

1.- Recomendo a lectura Le consentement de Geneviève Fraisse, 2007

Comentarios