Opinión

Na Grecia gañou o voto do medo e perdeu o pobo

Despois de semanas de presións e amenazas Grecia votou onte nun ambiente de medo provocado pola política de amenazas e inxerencias no proceso electoral do país heleno, amenazas e inxerencias que non proviñan de radicais de extema dereita ou grupos anti-sistema, pola contra os países supostamente civilizados empregaron toda a munición ao seu alcance para conseguir o resultado que na noite pasada arroxaron as urnas.

Despois de semanas de presións e amenazas Grecia votou onte nun ambiente de medo provocado pola política de amenazas e inxerencias no proceso electoral do país heleno, amenazas e inxerencias que non proviñan de radicais de extema dereita ou grupos anti-sistema, pola contra os países supostamente civilizados empregaron toda a munición ao seu alcance para conseguir o resultado que na noite pasada arroxaron as urnas.

A suma dos 79 escanos que acadou a conservadora Nova Democracia máis outros 50 que lle regala a lei electoral por ter sido a forza máis votada e os 33 do socialdemócrata PASOK permiten aos dous partidos centrais do sistema político grego conformar o goberno que quería a troika (UE, BCE, FMI),cousa distinta é que ese sexa o goberno que realmente quería o pobo grego.

Calquer observador internacional imparcial, aínda que teño dúbidas de que existan esas personaxes, destinado a realizar un seguemento da campaña electoral grega tería que concluir o seu informe decindo que o proceso electoral grego foi un fraude ao non terse dado nel as condicións e características que son propias dunhas eleccións democráticas.

Expulsión da Eurozona e maiores penurias económicas eran as únicas mensaxes electorais de conservadores e socialdemócratas, xunto cun contundente bombardeamento mediático dirixido desde Bruxelas que se amosou eficaz para que a cidadanía grega votara finalmente no sentido que imponen os poderes finacieiros.

As espectativas de Syriza de chegar a gobernar non se cumpriron, tivo un importante avance acadando os 71 escanos e un 26,89% dos votos (fronte a 52 escanos e un 16,78% en maio) pero ese aumento non supón que o conxunto da esquerda grega avanzara significativamente, é fundamentalmente un reaxuste interno debido sobre todo á caída do KKE (Partido Comunista) que acadou 12 escanos (fronte a 26 en maio) e perdeu a metade da súa porcentaxe electoral, un forte golpe que á espera de análises máis demoradas pode estar relacionado coa demonización sofrida e coa concentración do chamado “voto útil” da esquerda arredor de Syriza pero tamén cunha campaña dos comunistas gregos con mensaxes moi ideolóxicas e agresiva para co seu máximo competidor electoral.

Os resultados dunha Syriza situada a partir de hoxe comodamente na oposición semellan doados de xestionar pero todo vai depender no futuro inmediato non dos debates parlamentares, ao ser previsíbel un goberno estábel Nova Democracia PASOK, senón da capacidade que teña de convertir ese importante apoio electoral en maior introdución social real.

En conxunto os dous blocos do panorama parlamentar grego puco mudaron nas eleccións de onte, se sumamos os escaños dos partidos de esquerda obtivo 100 escanos fronte aos 97 de maio e a dereita tivo 150 fronte a 153 en maio. Desta suma deixamos fora ao partido de extrema dereita Mencer Dourado que obtivo 18 deputados (3 menos que en maio) aínda sabendo que a súa actuación sempre acaba por favorecer ao sistema.

O FMI e a UE xa amosaron a súa felicidade polos resultados gregos e o ministro alemán de economía deixou claro o futuro “non pode haber cambios sustanciais nos compromisos” o que en linguaxe vulgar vén a ser que Grecia vai seguir no camiño do empobrecemento da súa poboación; até cando vai depender moito da capacidade de resistencia e mobilización do pobo grego.

As últimas semanas e as eleccións de onte na Grecia amosan, por si alguén seguía tendo dúbidas, que na Unión Europea a soberanía nacional e a democracia non existen.

Comentarios