Opinión

Migrantes invisibles

Hannah Arendt, na Condición Humana, definía a existencia da persoa en base a ser vistx e oídx. De non ser así non se existía, claro está, na sociedade, a ollos do resto, e por extensión, para nós mesmxs, que acabamos por asimilar os mesmos discursos que nos aforcan.

Hannah Arendt, na Condición Humana, definía a existencia da persoa en base a ser vistx e oídx. De non ser así non se existía, claro está, na sociedade, a ollos do resto, e por extensión, para nós mesmxs, que acabamos por asimilar os mesmos discursos que nos aforcan. A existencia faise visible e tanxible, o invisible non existe logo?

Poderiamos incluir múltiples variables no estado mundial contemporáneo para falar do que realmente existe ou non, das implicacions da existencia que teñen para cadaquén existir ou non segundo criterios xeopolíticos, raciais, de clase e sen dúbida de xénero.

A visibilidade, o dereito a ser vistx e oídx na sociedade é precisamente o que se celebra estes días para a realidade transexual, e por extensión para todxs, sendo o día 31 de Marzo o elixido para a celebración do Día Mundial da Visibilidade Transexual. Unha celebración que sen dúbida non alcanzará a repercusión dxs visibles, de todxs aquelxs que achegan a súa voz á do poder para seguir o seu xogo. Unha celebración que xoga precisamente con non lembrar nada, senón celebrar a posibilidade de ser real, de existir dentro dunha sociedade homófoba, machista e transfóbica, na que o xénero segue a ser o carné de presentación de todas e todos nós para clasificarnos, encasillarnos e facernos aprender os roles que nos corresponden. Unha sociedade que treme dende a base cando expresamos en voz alta a disconformidade co xénero imposto en nós, e que aínda hoxe considera a transexualidade unha enfermidade, “disforia de xénero” disque...

"A visibilidade, o dereito a ser vistx e oídx na sociedade é precisamente o que se celebra estes días para a realidade transexual".

Na cara oposta, na do visible, na do poder moral e biopolítico, están as figuras que amedrentan hai xa un ano a sociedade francesa achegando argumentos homófobos para prohibir dende a moral o matrimonio igualitario. Aquel que for obxecto de anos de espera no Estado Español, e que alí move voces en contra en figuras coma a do xoven Xavier Bongibault e lemas como “Plus gays sans marriage”, e movementos como La Manif Pour Tous, que ven de agrupar hai uns días 300000 voces a favor da segregación das persoas... Feito cando menos curioso precisamente no primeiro Estado que retirou a transexualidade do seu catálogo de enfermidades mentais en 2009.

Disforia de xénero e euforia totalitaria atópanse nos extremos do discurso central do poder e da experiencia vital de todxs xs migrantes de xénero na periferia, no fin, da visibilidade e a invisibilidade.  Celebremos o visible dunha loita que aínda está casi comezando, o 31 de Marzo, sexamos nxs mesmxs migrantes de xénero.

Comentarios